Franklin Pierce Adams, nado en Chicago en 1881 e finado en Nova York en 1960, foi un xornalista e escritor norteamericano. Always in Good Humour e The Conning Tower foron os títulos das súas columnas diarias na prensa neoiorquina, asinadas como FPA.

Traxectoria Comezou a traballar no Chicago Journal en 1903, pero xa en 1904 pasou ao New York Evening Mail , onde traballou ata 1913, cando pasou ao New York Tribune. Durante a primeira guerra mundial traballou no xornal do exército norteamericano Stars and Stripes en Washington DC e en Francia como capitán do servizo de intelixencia, despois da guerra volveu a Nova York. En 1921 estivo no New York World, en 1931 no New York Herald Tribune , en 1937 no New York Post ata 1941. En 1938 participa no programa de radio Information, Please

Obras Tobogganing on Parnasus, tradución de poemas de Horacio e outros autores clásicos, 1910 By and Large, 1914 Something Else Again, 1920 So Much Velvet, 1924 Cristopher Columbus and Other Patriotic Verses, 1935 The Melancholy Lute: Selected Songs of Thirty Years , 1936.

Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Personalidades da prensa Categoría:Nados en Chicago Categoría:Nados en 1881 Categoría:Finados en 1960