dereita|miniatura dereita|166px miniatura|Relicario de prata na catedral de Gniezno, Polonia. Adalberto de Praga ou santo Adalberto (en checo Vojtěch), nado en Libice nad Cidlinou no 957 e finado no 997, foi relixioso de Bohemia, bispo da Igrexa católica.

Traxectoria Naceu nunha familia nobre. Estudou durante dez anos con Adalberto de Magdeburgo, ao morrer este tomou o seu nome. Foi bispo de Praga (982) e entrou en conflito co duque de Bohemia, Boleslao II o que provocou a súa marcha a Roma en 990. Batizou a Geza de Hungría e o seu fillo; tamén traballou para converter aos poloneses.

Martirizado en abril de 997 na costa do mar Báltico en territorio dos prusianos bálticos, canonizado no 999. A súa festa celébrase o 23 de abril. É o patrón de Prusia, Bohemia, Polonia e Hungría.

Categoría:Bispos entre 451 e 1054 Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Venerados polas igrexas ortodoxas Categoría:Nados en 957 Categoría:Finados en 997