Juan Pedro Durán Alonso, máis coñecido como Juan Durán, nado en Vigo en 1960 é un compositor e profesor de música galego."Juan Durán ". Federación de Asociaciones Ibéricas de Compositores.

Traxectoria Foi profesor numerario do Conservatorio Superior de Música da Coruña (1987-1997), no que desenvolveu os cargos de Xefe de Estudos e Director. Desde 1997 a 2005 foi Asesor-técnico de Ensinanzas Artísticas da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. No 2006 exerceu o cargo de Xefe do Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial. Pertenceu ao Corpo de Inspectores de Educación na especialidade de Ensinanzas Artísticas, e desempeñou o cargo de Subdirector Xeral de Ensinanzas Especiais e Formación Permanente, cargo público da administración que suscitou críticas e polémicas por gardar unha estreita relación co desenvolvemento e evolución da súa traxectoria musical como compositor.​Baixo a súa coordinación, como Subdirector Xeral, promoveu a edición de "Recursos Musicais para os Conservatorios", en 2014, con 133 pezas musicais para uso de alumnado e profesorado dos conservatorios galegos, compostas por membros da Asociación Galega de Compositores

Desenvolveu unha certa actividade como instrumentista de piano, no campo do acompañamento e a música de cámara. Pero a súa verdadeira dimensión atópase na creación musical. Socio fundador da Asociación Galega de Compositores, é autor de case un centenar de obras. Cultiva preferentemente o xénero liederístico e a música de cámara.

A súa produción camerística está orientada a todo tipo de combinatorias instrumentais: dúos para distintos instrumentos con piano, tríos, cuartetos, quintetos etc. Polo que se refire á música escénica é autor dunha ópera (O arame con texto orixinal de Manuel Lourenzo), dúas cantatas e unha importante produción de lieder con gran variedade de poetas e estilos, que inclúen cancións en castelán, galego, portugués, italiano e francés. Atende tamén a produción de carácter didáctico, con distintos traballos orientados tanto á materia de Linguaxe Musical como a obras instrumentais. Entre estas últimas cabe destacar: Album de Orquesta (Premio de Composición outorgado pola Universidade Carlos III de Madrid), O xardín de Margarita, O Señor Biscuit etc.

Recibiu encargos da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia (Longa noite de pedra, cantata para barítono, coro e orquestra), Concello de Ferrol (Juegos tímbricos para quinteto de metais), Orquestra Sinfónica de Galicia (Cantiga Finisterrae para múltiples voces de luz, cantata para soprano, barítono, coro e orquestra, con texto de Miguel Anxo Fernán-Vello), Festival Mozart (felizcumpleañosmozart.com), a Real Filharmonía de Galicia (Divertimento) etc.

O seu compromiso coa música galega maniféstase, tamén, en traballos de recuperación do patrimonio histórico, como orquestracións de obras de Juan Montes, José Castro "Chané" ou Marcial del Adalid, de quen reconstruíu a súa ópera Inés e Bianca, por encargo do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais.

Obra editada A case totalidade da súa produción está editada por “VISO Editorial”. Existen tamén obras súas en “Arte Tripharia”, “Real Musical”, “Dinsic” etc. Pódense atopar rexistros da súa música en RNE e en varios CDs con intérpretes como Albert Nieto, Joaquín Pixán, Alejandro Zabala, Marina Shamagian, Carlos Casado, Tatiana Prejvalskaya ou Antoni Ros-Marbà.

En febreiro de 2018 anunciouse a publicación no selo alemán Deutsche Grammophon de "Para vir a xunta a min" e "Lela" cos arranxos musicais de Juan Durán, a primeira gravación de música galega desta prestixiosa discográfica alemá."«Vai lavar a cara», con música clásica. A mítica discográfica Deutsche Grammophon publicará por primeira vez esta canción popular e a de «Lela», de Castelao, con arranxos do compositor Juan Durán". En La Voz de Galicia. 18 de febreiro de 2018.

Selección de composicións

Variaciones sobre un tema de Pablo Sorozábal (1993). Para orquesta de cuerda. Cantiga Finisterrae para múltiples voces de luz (1999). Para coro, soprano, barítono y orquestra. Texto de Miguel Anxo Fernán Vello. Estrea: Pazo da Ópera de A Coruña. Laura Alonso (soprano) y Joseba Carril (barítono), Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia (Dir.: Joan Company) e Xoven Orquestra Sinfónica de Galicia. Director: Víctor Pablo Pérez. Inés e Bianca de Marcial del Adalid (2003). Reconstrucción da ópera xunto a Margarita Viso. O arame (2006), ópera de cámara sobre texto de Manuel Lourenzo. O soño de Breogán (2008). Para banda sinfónica. Cuatro elementos (2009). Para orquestra sinfónica. Alborada de noite de luz (2012). Suite sinfónica para coro (opcional) e orquestra. ​Estreada no Pazo da Ópera de A Coruña polo Orfeón Donostiarra, a Orquestra Sinfónica de Galicia, dirixida por Victor Pablo Pérez. Cervantina (2016). Suite sinfónica sobre temas españoles. Estrea no Auditorio Nacional de Madrid pola Orquestra da Comunidade de Madrid, dirixida por Víctor Pablo Perez. O bosque do asubiador (2018). Para Pito pastoril e Banda Sinfónica. Foi a estrea o 18-03-2018 no Pazo da Ópera de A Coruña, pola Banda Municipal de Música de A Coruña, dirixida por Andres Valero Castells. Hildegart (2021). Ballet para orquestra​ Encargo da Real Filharmonía de Galicia. Foi a estrea o 07-10-2021 no Auditorio de Galicia por Paul Daniel. Crisol (2021). Cantata para coro e orquestra. Textos cristianos, xudeus e musulmáns. Encargo da SGAE e AEOS (Asociación Española de Orquestras Sinfónicas). Estrea o 13-V-2021. Coro e Orquestra da Comunidade de Madrid (ORCAM). Director: Víctor Pablo Pérez. Ferrol, 1972 (2022). Homenaxe ao Día da clase obreira. Para Quinteto de vento, piano e percusión. Foi estreada por Hercules Brass no Auditorio de Ferrol. Terra (2023), cantata para barítono, coro e orquestra. Encargo para a celebración do 40º aniversario do Consello da Cultura Galega, estreada o 24/11/2023, sobre textos de Ramón Cabanillas. Foi interpretada por la Orquestra Sinfónica de Galicia e o seu Coro, dirixidos por Víctor Pablo Pérez, co barítono Javier Franco como solista. Oca (2023), ópera sobre textos de Gloria Rico. Foi estreada na Tempada Lírica de Amigos da Ópera de A Coruña, en decembro de 2023, no Teatro Colón de A Coruña, pola Orquestra e coro Gaos, dirixida por Fernando Briones. El Tiramisú (2024), microópera. Encargo do Festival Little Ópera de Zamora. Foi estreada no Pazo da Encarnación de Zamora o 28 de xullo de 2024, por Solange Aroca, Pablo Rossi Rodino e Alexandre Alcántara. Músicos del metropolitano (2024), habanera sobre o poema homónimo de Javier Mateo Hidalgo. Foi estreada no Teatro da Zarzuela de Madrid o 1 de abril de 2024, por Sandra Ferrández e Irene Alfageme.

Premios e recoñecementos

En 2009 recibiu o Premio da Crítica Galicia, na sección Música, pola ópera O arame (sobre texto de Manuel Lourenzo) estreada no ano 2008. En febreiro de 2018, Juan Durán foi declarado gañador do XXXV Premio Reina Sofía de Composición Musical, convocado pola Fundación de Música Ferrer-Salat e dotado con 35.000 euros, pola súa obra «Whispers in the Dark».​"O galego Juan Durán gaña o Reina Sofía de composición musical ". En SermosGaliza.gal. 18 de febreiro de 2018 (en galego)Listaxe de autores premiados . Na web oficial da Fundación de Música Ferrer-Salat (en castelán) En xuño de 2019 foi nomeado académico de número electo da Real Academia Galega de Belas Artes na súa sección de Música."Don Juan Pedro Durán Alonso, nomeado académico de número electo da sección de Música ". Real Academia Galega de Belas Artes.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Compositores de Galicia Categoría:Premios da Cultura Galega Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1960 Categoría:Membros da Real Academia Galega de Belas Artes Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes