O 10 de febreiro é o 41º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 324 días para finalizar o ano, 325 nos anos bisestos.

Acontecementos 1810 - En Ferrol prodúcese o primeiro levantamento das clases obreiras galegas capitaneadas por Antonia Alarcón. 1842 - Constrúese en Ferrol o primeiro barco de vapor da Península Ibérica. 1873 - Amadeu de Savoia renuncia ao trono de España. 1878 - Paz del Zanjón, que pon fin nominalmente á sublevación independentista cubana contra o dominios español. 1926 - Chega a Buenos Aires o hidroavión Plus Ultra, que o 22 de xaneiro engalara en Palos de la Frontera (Huelva), completando así o primeiro voo entre España e América. 1930 - O xeneral Miguel Primo de Rivera abandona España. 1967 - Publícase Vento ferido, primeiro libro de contos de Carlos Casares. 2011 - Ray Allen pasa á historia da NBA o conseguir a súa tripla 2561, superando así a Reggie Miller e converténdose no xogador que máis triplos fixo na historia da NBA.

Nacementos miniatura|100px|Bertolt Brecht. 1785 - Claude-Louis Navier, enxeñeiro e físico francés (m. 1836). 1829 - Simon Schwendener, botánico suízo (m. 1939). 1888 - Giuseppe Ungaretti, poeta. 1890 - Boris Pasternak, escritor ruso, premio Nobel de literatura en 1958. 1898 - John Franklin Enders, microbiólogo norteamericano (m. 1985). 1898 - Bertolt Brecht, dramaturgo e poeta alemán. 1899 - Josep Tarradellas, político catalán. 1902 - Walter Houser Brattain, físico norteamericano (m. 1987). 1903 - Antonio García Bellido, arqueólogo español (m. 1972). 1904 - John Farrow, director cinematográfico australiano residente nos Estados Unidos (m. 1963). 1910 - Dominique Pire, relixioso dominico belga (m. 1969). 1945 - María Jesús Viguera Molins, historiadora galega e académica da Real Academia da Historia. 1948 - Felipe Senén, arqueólogo galego. 1948 - Mariano Fernández Bermejo, fiscal e político español. 1950 - Mark Spitz, nadador estadounidense.

Mortes miniatura|100px|Charles de Montesquieu. 1755 - Charles de Montesquieu, político e filósofo francés. 1836 - Marie Lavoisier, química francesa (n. 1758). 1837 - Aleksandr Pushkin, escritor ruso. 1879 - Honoré Daumier, caricaturista, pintor e escultor francés (n. 1808). 1891 - Sofia Kovalewska, matemática rusa (n. 1850). 1918 - Ernesto Teodoro Moneta, militante pacifista italiano (n. 1833). 1923 - Wilhelm Röntgen, físico alemán. 1932 - Edgar Wallace, novelista, dramaturgo e xornalista británico (n. 1875). 1939 - Pío XI, papa (n. 1857). 1950 - Marcel Mauss, antropólogo francés. 2002 - Gonzalo Fernández de la Mora, político e ensaísta español (n. 1924). 2005 - Arthur Miller, dramaturgo estadounidense (n. 1915). 2013 - Eugenio Trías Sagnier, filósofo español (n. 1942).

Festas e celebracións Día Mundial dos Legumes

Outros Santoral: Santo Ireneu.

Os 366 días do ano

Notas

Categoría:Febreiro