San Xoán de Vilar de Santos é unha parroquia do concello ourensán de Vilar de Santos. Segundo o IGE, en 2023 tiña 416 habitantes (203 homes e 213 mulleres).

Patrimonio A igrexa parroquial é de estilo románico de transición ó gótico ou protogótico. Substitúe a cabeceira gótica con algunha figura da nobreza representados coma mecenas na portada. Por outra banda, na parte exterior do templo hai un exemplo de iconografía románica erótica nun dos canzorros, cunha parella masturbándose, (home e muller) así como outras simboloxías a ter en conta e descifrar, como a portada norte do templo cun tímpano onde se representa unha árbore caída. Preto da igrexa hai un museo etnográfico sobre a comarca da Limia.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Vilar de Santos

Parroquias de Vilar de Santos

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vilar de Santos

Ligazóns externas reportaxe nun blog sobre a igrexa de Vilar de Santos

Categoría:Parroquias de Vilar de Santos Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán