A Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP) é unha organización internacional formada por países lusófonos, cuxo obxectivo é o "afondamento da amizade mutua e da cooperación entre os seus membros".

De acordo co Ministerio de Relacións Exteriores do Brasil, a poboación dos seus países membros suma aproximadamente 270 millóns de persoas.

A organización promove a data do 5 de maio como Día da Cultura Lusófona, celebrado en todo o espazo lusófono, e os Xogos da CPLP, evento deportivo que reúne tódolos membros da organización. A súa sede atópase en Lisboa.

Historia A CPLP foi creada o 17 de xullo de 1996 por Angola, Brasil, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Mozambique, Portugal e San Tomé e Príncipe. No ano 2002, tras conseguir a independencia, Timor-Leste foi acollido como país integrante. Guinea Ecuatorial entrou na organización no ano 2014. Á data de 2022 son nove os países integrantes da CPLP.

A CPLP aínda é unha organización nova, que busca pór en práctica os obxectivos de integración dos territorios lusófonos. En 2005, nunha reunión en Luanda (Angola), a CPLP decidiu que no día 5 de maio sería conmemorado o Día da Cultura Lusófona polo Mundo.

Xeorxia, Xapón, Namibia e Turquía asociáronse como observadores en 2014.​ Mentres que Eslovaquia, Hungría, a República Checa e o Uruguai fixérono en 2016.

Algúns datos da CPLP A Comunidade dos Países de Língua Portuguesa ten unha poboación superior a 230 millóns de habitantes, e ten unha área total de 10 742 000 km² - maior que o Canadá, segundo maior país do mundo. O PIB de todos os países, sumados supera os 950 billóns de US$.

A CPLP xa foi decisiva para algúns dos seus países, axudando na estabilización política, sobre todo no caso dos PALOP (Países Africanos de Língua Oficial Portuguesa).

Organización da Comunidade A Comunidade é rexida polo Secretariado Executivo, que estuda, escolle e pon en funcionamento planos políticos para a organización. Está localizado en Lisboa. O mandato do Secretario Executivo dura dous anos, con posibilidade dunha reelección.

A Conferencia dos Xefes de Estado e de Goberno, bienal, estuda as prioridades e os resultados da CPLP. O plano de acción é tomado polo Consello dos Ministros dos Negocios Estranxeiros e Relacións Exteriores, que se celebra anualmente. Tamén hai encontros mensuais do Comité de Concertación Permanente.

A bandeira da CPLP ostenta oito ás en formato de círculo. Cada unha desas ás representa un membro da CPLP. Até antes da filiación oficial de Timor-Leste, había sete ás.

Outros territorios Galiza Nun inicio existían movementos minoritarios que reclamaban que Galiza fose aceptada como membro de pleno dereito da CPLP, ou polo menos como observadora. Este movemento, impulsado por algúns intelectuais, así como organizacións lingüísticas, que reivindican a unidade da lingua galego-portuguesa (Associaçom Galega da Língua e Movimento Defesa da Língua) defenden que o galego e portugués non son máis que variantes dialectais dun mesmo idioma común.

En 2017 a Academia Galega da Língua Portuguesa pasou a facer parte dos observadores consultivos da CPLP

En 2018 o Parlamento de Galicia, mediante votación unánime, acordou instar a Xunta de Galicia a que solicitase a admisión de Galiza na CPLP.

Guinea Ecuatorial e Mauricio Algúns países africanos teñen idiomas crioulos derivados do portugués, grazas á presenza portuguesa no continente desde o século XV. Os gobernos de Guinea Ecuatorial e Mauricio (sen mencionar Marrocos, que tamén pediu o estatuto de observador), a pesar de falar outros idiomas, buscaron obter o estatuto de Observador da CPLP. Na VI Conferencia de Xefes de Estado e de Goberno, realizada en Bissau en xullo de 2006, Guinea Ecuatorial e Mauricio obtiveron o estatuto de Observador Asociado.

Guinea Ecuatorial decidiu en 2007 adoptar o portugués como lingua oficial para ascender plenamente ao estatuto de membro permanente da Comunidade nun futuro próximo.

Macau Macau foi o último territorio portugués a ser descolonizado, sendo devolvido á China en 1999. Aínda mantén vivos trazos da cultura portuguesa e o portugués é unha das linguas oficiais deste territorio. A petición para obter o estatuto de Obsevador Asociado aínda non foi efectuado polo Goberno da Rexión Administrativa Especial de Macau, entre tanto en 2006 a CPLP fixo unha invitación para a RAEM tornarse membro observador.

Observadores consultivos

Para alén dos países con estatuto de Observador Asociado, a CPLP tamén incorpora á súa estrutura organizacións da sociedade civil dos países membros como Observadores Consultivos.

País Observadores consultivos 25px Angola Fundação Agostinho Neto Fundação Eduardo dos Santos Comissão InterPaíses/Países de Língua Oficial Portuguesa (Fundação Rotarianos São Paulo) Fundação Oswaldo Cruz Fundação Roberto Marinho Instituto Histórico e Geográfico Brasileiro Universidade Estadual de Campinas Universidade Federal da Bahia Universidade Federal do Río de Xaneiro Universidade Federal de Pernambuco Fundação Amílcar Cabral GalizaAcademia Galega da Língua Portuguesa Instituto Internacional de Macau Assistência Médica Internacional Associação das Misericórdias de Portugal Associação dos Ex-Deputados da Assembleia da República Portuguesa Centro de Conciliação e Mediação de Conflitos - Concórdia Círculo de Reflexão Lusófona Fundação Bial Fundação Calouste Gulbenkian Fundação Champalimaud Fundação Luso-Americana para o Desenvolvimento Fundação Luso-Brasileira para o Desenvolvimento do Mundo de Língua Portuguesa Fundação Mário Soares Fundação Oriente Fundação para a Divulgação das Tecnologias de Informação Fundação para o Desenvolvimento da Comunidade Fundação Portugal-África Instituto de Higiene e Medicina Tropical Médicos do Mundo Organização Paramédicos de Catástrofe Internacional Sociedade de Geografia de Lisboa Universidade Lusófona de Humanidades e Tecnologias Fundação Novo Futuro CPLP Associação das Universidades de Língua Portuguesa Associação dos Comités Olímpicos de Língua Oficial Portuguesa Comunidade Médica de Língua Portuguesa Comunidade Sindical dos Países de Língua Portuguesa Confederação da Publicidade dos Países de Língua Portuguesa Conselho Empresarial da CPLP Fórum da Juventude da CPLP União dos Advogados de Língua Portuguesa Saúde em Português

Notas

Categoría:Organizacións internacionais Categoría:Lingua portuguesa