Acontecementos Asia Creación do reino de Nanzhao por Piluoge, na China, no que hoxe é a provincia de Yunnan.

Europa Transamundo II, duque de Spoleto ocupa a cidade de Gallese, cortando o paso entre Roma e Rávena. Os árabes toman a cidade de Avignon, no sur da Galia, coa axuda de Maucontio; desde aí estenden as súas correrías por Aquitania e até Lión. Carlos Martel sitia Avignon, tómao dos árabes e masacra a poboación que é saqueada. Asedia posteriormente Narbona, tamén en mans musulmás, mais non é quen de tomala. Os seus exércitos saquean outras cidades antes de tornar para Austrasia. O mordomo de palacio franco, Carlos Martel, morto o rei Teodorico IV, goberna sen rei a quen render contas (até 741). Fávila accede ao trono do nacente reino de Asturias, sucedendo a seu pai Paio.

Nacementos Kammu, 50º emperador do Xapón.

Mortes Paio, rei de Asturias. Teodorico IV, rei dos francos.

Outros

Historia ano a ano

Categoría:737