O 30 de setembro é o 273º día do ano do calendario gregoriano e o 274º nos anos bisestos. Quedan 92 días para finalizar o ano.

Acontecementos miniatura|200px|Real Academia Galega 1399 - Henrique IV de Inglaterra é proclamado rei de Inglaterra. 1744 - Francia e España derrotan ao Reino de Sardeña na Batalla de Madonna dell'Olmo. 1781 - Guerra de Independencia dos Estados Unidos de América: Os franceses derrotan ao exército inglés na Batalla de Chesapeake Capes. 1791 - A frauta máxica, a última ópera composta por Mozart estréase no Theater an der Wien en Viena. 1791 - Disólvese a Asemblea Nacional Constituínte en París e os parisienses encadean a Maximilien de Robespierre e a Jérôme Pétion. 1813 - Na batalla de Bárbula, Simón Bolívar derrota a Santiago Bobadilla. 1860 - Na vila de Puntarenas (Costa Rica) é fusilado o expresidente e liberador da República, Juan Rafael Moura Porras. 1862 - Na guerra civil dos Estados Unidos, os confederados vencen na segunda batalla de Bull Run. 1888 - Jack o Destripador mata á súa terceira e cuarta vítima, Elizabeth Stride e Catherine Eddowes. 1895 - Madagascar tórnase un protectorado francés. 1901 - Hubert Cecil Booth patenta a aspiradora. 1906 - Fúndase na Coruña a Real Academia Galega. 1907 - Créase a Reserva Nacional Malleco, primeira área silvestre protexida de Chile e Latinoamérica. 1938 - A Liga das Nacións condena o bombardeo intencionado de civís. 1939 - Na segunda guerra mundial, o xeneral Władysław Sikorski forma en Francia un goberno polaco no exilio. 1939 - Gran Bretaña fai os seus primeiros simulacros de evacuación de civís. 1947 - Paquistán ingresa nas Nacións Unidas. 1960 - Os Picapedra fan o seu debut no primetime. 1965 - O xeneral Suharto é derrocado polo Partido Comunista de Indonesia e como represalia, Suharto mata a máis dun millón de comunistas indonesios. 1966 - Botswana tórnase independente. 1967 - BBC Radio 1 realiza as súas primeiras emisións. 1977 - Debido aos problemas financeiros, cancélase o proxecto Apollo. 1986 - Mordechai Vanunu, que revelou os detalles do programa nuclear a un medio de comunicación británico, é raptado en Roma. 1989 - O ministro de Asuntos Exteriores da RDA Hans-Dietrich Genscher ofrece un discurso desde o balcón da embaixada de Alemaña en Praga. 1993 - Un terremoto mata a milleiros de persoas en Maharashtra. 1997 - En España, a cidade de Alacant, sofre a peor inundación da súa historia, cunhas precipitacións de 270,2 litros por metro cadrado, con catro falecidos. 2003 - Entra en vixencia a Directiva europea 2001/37/CE que obriga a incluír nos paquetes de tabaco a advertencia Fumar mata ou Fumar pode matar. 2005 - O Parlamento de Cataluña aproba con 120 votos a favor e 15 en contra, o Proxecto de Novo Estatuto de Autonomía de Cataluña. 2005 - Unha caricatura de Mahoma publicada no diario danés Jyllands-Posten provoca o escándalo no mundo islámico. 2006 - A Asemblea Nacional da República de Serbia adopta a nova constitución.

Nacementos miniatura|100px|Truman Capote 1207 - Jalal al-Din Muhammad Rumi, poeta e místico persa. 1227 - Papa Nicolao IV (m.1292) 1715 - Étienne Bonnot de Condillac, filósofo francés. 1732 - Jacques Necker, ministro de Lois XVI de Francia. 1765 - José María Morelos y Pavón, independentista mexicano. 1827 - Maximino Teijeiro Fernández, médico e político galego (m. 1900). 1845 - Urbano Ferreiroa Millán, escritor galego (m. 1901). 1861 - Sofía Casanova, actriz e escritora galega (m. 1958). 1870 - Thomas W. Lamont, banqueiro estadounidense. 1870 - Jean Baptiste Perrin, físico francés, Premio Nobel de Física (m. 1942). 1879 - José Eleicegui López, médico e xornalista galego. 1882 - Hans Geiger, físico alemán. 1895 - Lewis Milestone, director de cine estadounidense de orixe rusa. 1898 - Carlota Grimaldi, princesa de Mónaco. 1905 - Nevill Francis Mott, físico inglés, Premio Nobel de Física en 1977. (m. 1996) 1908 - David Óistraj, violinista soviético. 1913 - Bill Walsh, produtor de cine e escritor estadounidense. 1917 - Park Chunghee, Presidente de Corea do Sur. 1917 - Buddy Rich, batería estadounidense. 1918 - Lewis Nixon, militar estadounidense. 1919 - Roberto Bonomi, piloto de carreiras arxentino. 1920 - Aldo Parisot, músico estadounidense. 1921 - Deborah Kerr, actriz británica. (m. 2007) 1921 - Pedro Knight, trompetista cubano. 1922 - Alan Stretton, xeneral australiano. 1923 - Arturo Rivera y Damas, eclesiástico salvadoreño. 1924 - Truman Capote, escritor estadounidense (m.1984) 1926 - Robin Roberts, beisbolista estadounidense. 1927 - W. S. Merwin, poeta estadounidense. 1928 - Elie Wiesel, escritor romanés e activista político xudeu, Premio Nobel da Paz en 1986. 1931 - Angie Dickinson, actriz estadounidense. 1932 - Shintaro Ishihara, político xaponés. 1934 - Udo Jürgens, cantante austríaco. 1934 - Anna Kashfi, actriz galesa. 1935 - Johnny Mathis, cantante estadounidense. 1937 - Valentin Silvestrov, compositor ucraíno. 1939 - Jean-Marie Lehn, químico francés, Premio Nobel de Química 1942 - Frankie Lymon, cantante estadounidense. 1943 - Marilyn McCoo, cantante estadounidense (The Fifth Dimension). 1943 - Johann Deisenhofer, químico alemán, Premio Nobel 1944 - Diane Dufresne, cantante canadense. 1945 - Ehud Olmert, primeiro ministro de Israel 1945 - José Manuel Fuente, ciclista español gañador de dúas Vueltas a España (f. 1996) 1946 - Héctor Lavoe, cantante de salsa portorriqueño. 1947 - Dave Arneson, deseñador de xogos estadounidense. 1947 - Marc Bolan, cantante e líder do grupo británico T. Rex. 1948 - Raúl Reyes, membro do secretariado das FARC. 1950 - Renato Zero, músico italiano. 1951 - Barry Marshall, médico australiano, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina 1952 - José Massaroli, debuxante de historietas arxentino. 1952 - Jack Wild, actor inglés. 1953 - S.M. Stirling, escritor canadense. 1954 - Basia Trzetrzelewska, cantante polaca. 1954 - Barry Williams, actor estadounidense. 1956 - Manuela Picó, pintora española. 1957 - Fran Drescher, actriz estadounidense. 1958 - Gonzalo Méndez Martínez, experto en cartografía galego. 1958 - Marty Stuart, cantante de country estadounidense. 1960 - Blanche Lincoln, político estadounidense. 1961 - Eric Stoltz, actor estadounidense. 1962 - Frank Rijkaard, xogador e adestrador de fútbol holandés. 1964 - Monica Bellucci, actriz italiana 1964 - Robby Takac, músico estadounidense (Goo Goo Dolls). 1966 - Kerry G. Johnson, caricaturista estadounidense. 1969 - Chris Von Erich, loitador estadounidense. 1971 - Jenna Elfman, actriz estadounidense. 1972 - Ari Behn, autor noruegués. 1975 - Marion Cotillard, actriz francesa. 1977 - Roy Carroll, futbolista norteirlandés. 1978 - Candice Michelle, modelo e loitadora profesional estadounidense. 1979 - Andy van der Meyde, futbolista holandés. 1980 - Martina Hingis, tenista eslovaco-suíza 1982 - Lacey Chabert, actriz estadounidense. 1982 - Kieran Culkin, actor estadounidense. 1982 - Michelle Marsh, modelo británico. 1982 - Teal Redmann, actriz estadounidense.

Mortes miniatura|100px|James Dean 420 - San Xerome. 653 - San Honorio, arcebispo de Canterbury. 1101 - Anselmo IV, arcebispo de Milán. 1246 - Iaroslav II de Rusia. 1440 - Reginald Grey, soldado e político inglés. 1487 - John Sutton, lugartenente de Irlanda. 1551 - Ōuchi Yoshitaka, señor da guerra xaponés. 1560 - Melchior Cano, teólogo español. 1572 - San Francisco de Borja, sacerdote xesuíta. 1581 - Hubert Languet, diplomático e reformista francés. 1626 - Nurhaci, xefe de Manchuria. 1628 - Fulke Greville, poeta inglés . 1770 - Thomas Robinson, político inglés. 1770 - George Whitefield, líder metodista inglés. 1772 - James Brindley, enxeñeiro inglés. 1813 - Atanasio Girardot, militar colombiano. 1824 - Xosé Rodríguez González, científico e político galego (n. 1770). 1860 - Juan Rafael Mora Porras, político costarriqueño, presidente de Costa Rica. 1863 - Constantin Wilhelm Lambert Gloger, ornitólogo alemán. 1865 - Samuel David Luzzatto, educador italiano. 1891 - Georges Boulanger, xeneral e político francés. 1897 - Tareixa de Lisieux, relixiosa católica francesa. 1910 - Maurice Lévy, enxeñeiro francés. 1913 - Rudolf Diesel, inventor alemán (n.1858). 1916 - Alfredo Vicenti, xornalista e político galego. (n. 1850). 1936 - Erundina Álvarez Pérez, republicana galega (n. 1899). 1943 - Franz Oppenheimer, sociólogo e economista político alemán. 1955 - James Dean, actor estadounidense (n.1931) 1961 - Onésime Gagnon, político canadense. 1973 - Peter Pitseolak, fotógrafo checo. 1977 - Mary Ford, cantante estadounidense. 1978 - Edgar Bergen, actor estadounidense. 1984 - Eulogio Martínez, futbolista paraguaio (n. 1935). 1985 - Charles Richter, sismólogo estadounidense. 1985 - Simone Signoret, actriz francesa. 1987 - Alfred Bester, escritor de ciencia ficción estadounidense. 1989 - Virgil Thompson, compositor estadounidense. 1990 - Patrick Martindale White, escritor australiano, Premio Nobel de Literatura en 1973. (n.1913) 1992 - Ambrós, debuxante de historietas español. 1994 - Andre Michael Lwoff, microbioloxísta francés de orixe rusa-polaca, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n.1902) 1994 - Roberto Eduardo Viola, militar e presidente arxentino. 2004 - Gamini Fonseka, actor de Sri Lanka. 2004 - Michael Relph, produtor e director británico. 2007 - Milan Jelić, Presidente da República de Serbia. 2007 - Joe Mitty, empresario fundador de Oxfam. 2020 - Quino, humorista gráfico arxentino (n. 1932).

Festas e celebracións Día Internacional da Tradución . Conmemora o día da morte de San Xerome (347-420), quen fixo a tradución do Antigo Testamento ó latín, tradución coñecida como Vulgata porque fixo os textos sagrados accesibles ó vulgo: ata entón só existía en grego e hebreo.

Outros Santoral: San Xerome

Notas

Os 366 días do ano

Categoría:Setembro