O 5 de maio é o 125º día do ano do calendario gregoriano e o 126º nos anos bisestos. Quedan 240 días para finalizar o ano.
Acontecementos 1808 - Firma dun convenio entre Napoleón e Carlos IV de España polo que este renuncia á coroa en favor do emperador francés. 1890 - Promúlgase en España a Lei de Sufraxio universal. 1916 - Marines estadounidenses invaden a República Dominicana. 1930 - A Universidade Central de Madrid pechada logo das continuas manifestacións estudantís contra a monarquía. 1935 - Alejandro Lerroux forma en España o seu quinto Goberno. 1936 - Tropas da Italia fascista invaden Adis-Abeba, capital da Etiopía. 1941 - Haile Selassie regresa a Addis Abeba, capital de Etiopía. 1945 - Prodúcese un levantamento antifascista en Praga que acelera a fin da segunda guerra mundial. 1954 - Alfredo Stroessner convértese en ditador de Paraguai despois dun golpe. 1955 - A República Federal de Alemaña recupera a plena soberanía. 1963 - Nace en Vigo a Fundación Penzol, coa biblioteca doada por Fermín Penzol. 1970 - O buque petroleiro Polycommander encalla nas illas Cíes. 1979 - Margaret Thatcher é elixida como Primeira Ministra de Gran Bretaña. 1980 - Constantino Karamanlis é elixido presidente de Grecia. 1992 - O Parlamento de Crimea proclama a independencia.
Nacementos miniatura|100px|Søren Kierkegaard. miniatura|100px|Karl Marx. 1210 - Afonso III, rei de Portugal. 1672 - Pedro I, tsar de Rusia. 1792 - Pío Pita Pizarro, militar e político español (m. 1845). 1813 - Søren Kierkegaard, filósofo dinamarqués. 1818 - Karl Marx, filósofo alemán. 1827 - Dionisio Fierros, pintor asturiano (m. 1894). 1828 - Albert Marth, astrónomo alemán. 1828 - Ramón Villar Ulloa, avogado e político galego (m. 1913). 1833 - Ferdinand von Richthofen, xeógrafo e xeólogo alemán (m. 1905). 1846 - Henryk Sienkiewicz, escritor polaco, premio Nobel de Literatura en 1905. 1868 - Leo Nardus, tirador de esgrima neerlandés (m. 1955). 1874 - Luis Fábrega Coello, político galego. 1893 - Farabundo Martí, político salvadoreño. 1895 - Francisco Pérez Leirós, político e sindicalista galego. 1897 - Kenneth Burke, filósofo estadounidense. 1909 - Miklós Radnóti, poeta húngaro (m. 1944). 1913 - Tyrone Power, actor estadounidense. 1919 - Georgios Papadopulos, primeiro ministro de Grecia (m. 1999). 1920 - Vicente Ferrer, misioneiro laico español. 1921 - Arthur Leonard Schawlow, físico estadounidense, Premio Nobel de Física en 1981. 1927 - Tran Duc Luong, presidente de Vietnam. 1938 - Gonzalo Fernández Martínez, economista galego. 1943 - Ignacio Ramonet, xornalista galego. 1943 - Ánxeles Penas, poeta galega. 1944 - Christian de Portzamparc, arquitecto e urbanista francés. 1950 - Wolfram Euler, lingüista alemán 1958 - Xoán Carlos Rábade Castiñeira, lingüista e tradutor galego. 1970 - Sviatoslav Shevchuk, Arcebispo Maior de Kíiv-Galicia 1971 - Elvira Riveiro, escritora galega. 1976 - Juan Pablo Sorín, futbolista arxentino. 1982 - Teresa Portela, piragüista galega. 1988 - Adele, cantante e compositora inglesa de jazz, soul e blues.
Mortes miniatura|184x184px|Maurice Merleau-Ponty. 1028 - Afonso V, rei de León e Galicia. 1821 - Napoleón Bonaparte emperador francés. 1892 - August Wilheim Hofmann, químico alemán. 1921 - Alfred Fried, periodista e pacifista austríaco, premio Nobel da Paz en 1911. 1948 - Ramón Iglesia Parga, historiador galego (n. 1905). 1949 - Maurice Maeterlinck, escritor belga, premio Nobel de Literatura en 1911. 1960 - José Almoina, escritor e político galego (n. 1903). 1960 - Julio Sesto, escritor e xornalista galego. 1961 - Maurice Merleau-Ponty, filósofo francés (n. 1908). 1964 - Eugène Olivier, tirador de esgrima francés. 1980 - Xulio Sesto, escritor e xornalista galego. 1981 - Bobby Sands, político e activista norteirlandés. 1995 - Mikhail Botvinnik, campión do Mundo de xadrez ruso. 2008 - Xan Bouzada, sociólogo galego. 2008 - Vidal Payo Fernández, canteiro e escultor galego. 2026 - Soledad Gallego-Díaz, xornalista española (n. 1951).
Festas e celebracións Día da Cultura Lusófona Día Mundial do Contrasinal Día Mundial da Hipertensión Pulmonar Día Mundial da Hixiene das Mans
Outros Santoral: San Xosé Benedito Cottolengo.
Notas
Os 366 días do ano
05