O 6 de maio é o 126º día do ano do calendario gregoriano e o 127º nos anos bisestos. Quedan 239 días para finalizar o ano.

Acontecementos 899 - Cerimonia de consagración da Catedral de Santiago polo rei de Galiza Afonso III. 1105 - O conde Pedro Froilaz casa coa súa segunda esposa, a nobre Maior Guntroda Rodríguez. 1840 - O Reino Unido emite o primeiro selo postal do mundo, coñecido como Penny Black. 1889 - A Torre Eiffel é oficialmente aberta ao público durante a Exposición Universal de París 1937 - Desastre do Hindenburg: préndese lume no cepelín alemán Hindenburg e acaba destruído en menos dun minuto ao tentar pousar en Lakehurst, Nova Jersey. Morren 36 persoas. 1942 - segunda guerra mundial: as tropas británicas capturan Madagascar ás forzas coloniais de Vichy. 1945 - Inauguración oficial do estadio de Riazor cun encontro entre as seleccións de fútbol de Portugal e España. 1994 - Inauguración do eurotúnel no Canal da Mancha.

Nacementos miniatura|100px|Maximilien de Robespierre. 1501 - Marcelo II, papa (m. 1555). 1574 - Inocencio X, papa (m. 1655). 1758 - Maximilien de Robespierre, político revolucionario francés (m. 1794). 1837 - Joaquín Díaz de Rábago, xurista, sociólogo e economista galego (m. 1898). 1856 - Sigmund Freud, psiquiatra, fundador da psicanálise (m. 1939). 1861 - Rabindranath Tagore, escritor, poeta e músico bengalí (m. 1941). 1871 - Victor Grignard, químico francés, Premio Nobel de Química (m. 1935). 1872 - Willem de Sitter, matemático, físico e astrónomo neerlandés (m. 1934). 1880 - Ernst Ludwig Kirchner, pintor alemán (m. 1938). 1892 - Arturo Noguerol, intelectual galeguista. 1893 - José Calvo Sotelo, político español. 1895 - Rodolfo Valentino, actor estadounidense (m. 1926). 1895 - Malba Tahan, escritor e matemático carioca. 1903 - Erasmo Pascual, actor galego (m. 1975). 1904 - Harry Martinson, escritor sueco, Premio Nobel de Literatura (m. 1978). 1915 - Orson Welles, cineasta norteamericano (m. 1985). 1919 - Alexandre de Fisterra, escritor e inventor galego. Inventou o futbolín (m. 2007). 1920 - Kamisese Mara, presidente de Fiji (m. 2004). 1929 - Paul Lauterbur, químico estadounidense, Premio Nobel de Química (m. 2007). 1934 - Juan Otero García (Eiravella), escultor galego. 1938 - Michael Löwy, pensador marxista brasileiro. 1942 - Antón Rozas Caeiro, profesor e escritor galego. 1943 - Daniel Pino Vicente, sociólogo e escritor galego. 1951 - Samuel Doe, presidente de Liberia (m. 1990). 1951 - Luma Gómez, actriz galega. 1953 - Tony Blair, Primeiro Ministro británico. 1955 - Pepe Barro, deseñador galego. 1959 - Julia Otero, xornalista galega. 1961 - George Clooney, actor estadounidense. 1964 - Laura Bugalho, sindicalista e activista galega.

Mortes miniatura|100px|Alexander von Humboldt. 1859 - Alexander von Humboldt, naturalista e explorador alemán (n. 1768). 1862 - Henry David Thoreau, escritor e filósofo anarquista estadounidense (n. 1817). 1910 - Eduardo VII do Reino Unido (n. 1841). 1949 - Maurice Maeterlinck, escritor belga, Premio Nobel de Literatura (n. 1862). 1952 - Maria Montessori, educadora e humanista italiana (n. 1870). 1963 - Theodore von Kármán, enxeñeiro e físico húngaro (n. 1881). 1992 - Marlene Dietrich, actriz alemá nacionalizada estadounidense (n. 1901). 2002 - Pim Fortuyn, político nederlandés (n. 1948). 2017 - Hugh Thomas, historiador inglés (n. 1931).

Festas e celebracións Día Mundial da Filatelia

Notas

Outros Santoral: San Lucio de Cirene.

Os 366 días do ano

06