Xaquín Bieito Marín Formoso, nado en Ferrol o 10 de outubro de 1943, é un debuxante e ilustrador galego.

Traxectoria Destacan algunhas tiras cómicas onde describe e critica con ironía a situación da lingua galega. Con máis de 20 anos de carreira, traballou facendo tiras en xornais nacionais e internacionais como La Codorniz, Hermano Lobo, Diario 16, Le Telegramme, Teima, A Nosa Terra, El Ideal Gallego ou La Voz de Galicia. Premiado en varias ocasións, destacan o primeiro premio da Bienal de Gábrovo e acadou dúas Paletas de Agromán. Dirixiu o Museo do Humor de Fene. No 2013 foi distinguido co premio Bo e Xeneroso da AELG.

Obra publicada Banda deseñada e humor gráfico 2 viaxes, con Reimundo Patiño, 1975, Brais Pinto, Madrid. Ratas, 1977, Madrid. Segunda edición en 2006 en Edicións Embora. Gaspariño, 1978, Edicións do Rueiro. Alcacén para gaitas, 1980, Ediciós do Castro. Gaspariño 2, 1982, Xerais. Dos pés á testa, 1986, Galaxia. Conta atrás, 1988, Ediciós do Castro. Cen pés, 1996, Ediciós do Castro. Feito á man, 1997, Xunta de Galicia. Trinta e tantos con Xaquín Marín, 2001, edición do autor. Cen + cen pés, 2007, Embora. O lecer de Isolino, 2008, Embora. As dúas viaxes de Xaquín Marín, 2010, El Patito.

Ensaio O ABC do cómic, 1995, Baía.

Literatura infanto-xuvenil Dragón rock, 1999, Casals. Malfeito bufón, 2003, Casals. Tartaruga, 2007, Baía. O traxe novo do emperador, 2007, Embora.

Obras colectivas O humor en cadriños. Conversas con Siro, Xaquín Marín, Xosé Lois, Gogue e Pepe Carreiro, de Félix Caballero, 2012, Morgante.

Galardóns Premios da Crítica Galicia de Artes Plásticas e Visuais no 2015."Xaquín Marín recibe o premio da Crítica de Galicia das artes plásticas", en La Voz de Galicia 8.11.2015. XII Premio Rosalía de Castro de Lingua da Deputación da Coruña en 2021.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Personalidades da banda deseñada de Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1943 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes