A Illa Guidoiro Pedregoso (Illa do Guidoiro Pedregoso) é unha unha illa galega da provincia de Pontevedra a poñente da Illa de Arousa (concello ao que pertence) e a un quilómetro ao oeste da Illa Guidoiro Areoso.
Xeografía e ecoloxía esquerda|miniatura|O Guidoiro Pedregoso, xunto aos outros illotes e o parque Carreirón no sur da Arousa, incluídos nos complexo Intermareais de Punta Carreirón e de Umia-O Grove, na parte sur da Ría de Arousa (cartel sito na praia da Mexilloeira, no Grove). Ten unha superficie de 5,6 hectáreas e está constituída de penedos e salpicada de manchas de area, sobre todo na súa parte oeste. É máis alta que a veciña Guidoiro Areoso e posúe máis vexetación, sobre todo herbácea. Abundan as ratas e é un lugar de aniñamento para as gaivotas, entre outras aves acuáticas e mariñas.
Xunto ao sur da Arousa (parque Carreirón), o Areoso e outros illotes do concello da illa de Arousa e outras zonas do concello do Grove, forma parte do complexo intermareal Punta Carreirón e no complexo intermareal Umia-O Grove.
Guidoiro Pedregoso Categoría:A Illa de Arousa Categoría:Illas de Galicia sen imaxes Categoría:A Illa de Arousa sen imaxes