Perugia é unha cidade de Italia de 161.944 habitantes, capital da provincia homónima e da rexión da Umbría. Cidade de arte, Perugia é meta de numerosos turistas e é sede dunha antiga universidade fundada no 1308. O turismo e a actividade arredor da vida académica son os motores da economía local desta cidade italiana.
Cidades irmás
Perugia está irmandada con:
Bratislava, desde 1962 Aix en Provence, desde 1979 Tubinga, desde 1984 Potsdam, desde 1990 Grand Rapids, desde 1993 Seattle, desde 1993
Categoría:Cidades de Italia Categoría:Concellos da provincia de Perugia