O 10 de maio é o 130º día do ano do calendario gregoriano e o 131º nos anos bisestos. Quedan 235 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1534 - Jacques Cartier chega a Terra Nova, no Canadá. 1774 - Lois XVI de Francia tórnase rei. 1871 - Finalizada a guerra franco-prusiana, o Imperio Alemán e Francia asinan o Tratado de Frankfurt. 1940 - Alemaña invade Bélxica, os Países Baixos e Luxemburgo na segunda guerra mundial. 1964 - La Noche comeza a publicar os textos variábeis da liturxia da misa dominical no noso idioma. 1970 - Inaugúrase a fábrica de Sargadelos en Cervo. 1972 - José Afonso canta por vez primeira o Grândola, Vila Morena. Sucedeu no Burgo das Nacións, Compostela.

Nacementos miniatura|100px|Benito Pérez Galdós. 1452 - Fernando II de Aragón, o Católico (m. 1516). 1727 - Anne Robert Jacques Turgot, político e economista francés (m. 1781). 1830 - François-Marie Raoult, químico francés (m. 1901). 1843 - Benito Pérez Galdós, escritor español (m. 1920). 1872 - Marcel Mauss, sociólogo e antropólogo francés (m. 1950). 1876 - Samuel Eiján, sacerdote franciscano e escritor galego (m. 1945). 1878 - Gustav Stresemann, político alemán (m. 1929). 1882 - Manuel Dopazo Gontade, gaiteiro galego (m. 1952). 1910 - Francisco Leal Insua, escritor e xornalista galego (m. 1997). 1930 - George E. Smith, físico estadounidense. 1944 - Juan José Lucas, político español. 1946 - Donovan, músico británico. 1955 - Hilda Rodríguez, xogadora de boccia galega. 1959 - Carlos Amil, cineasta galego. 1960 - Bono, músico irlandés. 1974 - A-Plus, rapeiro estadounidense.

Mortes miniatura|100px|Peter Weiss. 1696 - Jean de La Bruyère, escritor e moralista francés (n. 1645). 1850 - Juan Manuel Bedoya, bispo de Ourense (n. 1770). 1926 - José María Varela Silvari, músico galego (n. 1848). 1937 - Faustino Vázquez Carril, soldado galego (n. 1914). 1940 - Manuel Becerra Fernández, enxeñeiro e político español (n. 1867). 1975 - Roque Dalton, poeta e revolucionario do Salvador (n. 1935). 1978 - Antonio Taboada Roca, farmacéutico e historiador galego (n. 1899). 1982 - Peter Weiss, escritor alemán (n. 1916). 1995 - Manuel Torres, mestre e pintor galego (n. 1901). 1999 - Shel Silverstein, poeta, compositor e debuxante norteamericano (n. 1932). 2006 - Xavier Costa Clavell, escritor e xornalista galego (n. 1923). 2010 - Pedro Luaces, político e sindicalista galego (n. 1947). 2012 - Manuel Cordeiro Monteagudo, pintor galego (n. 1927).

Festas e celebracións Día mundial do Lupus (Federación Española de Lupus)

Outros Santoral: San Ubaldo, San Xoán de Ávila.

Os 366 días do ano

Categoría:Maio