San Xoán da Lastra é unha parroquia do concello de Baleira. Os seus 68 poboadores agrúpanse en dúas entidades: A Lastra (56) e O Sollío (12) no 2013.

Xeografía miniatura|esquerda|Igrexa de San Xoán. Ten unha superficie de 4,84 km². Limita ao norte con Cubilledo e A Degolada, ao sur coa Fontaneira, ao leste con Freixo (A Fonsagrada) e ao oeste con Cubilledo e A Fontaneira. Esta parroquia formou parte da antiga xurisdición de Baleira, xunto con Cubilledo, Degolada e Librán, e pertence ó arciprestado de Monterroso.

Patrimonio A igrexa parroquial de San Xoán da Lastra ten planta rectangular, de corte popular. Os muros son de cachotería e perpiaño de granito e lousa, e a cuberta de lousa a dúas augas. No altar maior non conserva retablo, xa que o orixinal, de estilo neoclásico e moi sinxelo, foi trasladado á sancristía. Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares da Lastra

Parroquias de Baleira

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Baleira

Categoría:Parroquias de Baleira Categoría:Localidades do Camiño Primitivo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán