O Bósforo é un estreito marítimo entre o mar Negro e o mar de Mármara (que no seu outro extremo comunica co mar Mediterráneo a través do estreito dos Dardanelos) e que separa Europa e Asia, á beira do cal está situada a cidade de Istanbul (Constantinopla).

Hai dúas pontes sobre este estreito. A ponte Bogazici, de 1074 metros de largo, completouse en 1973. A segunda ponte, a Fatih Sultan Mehmede, posúe unha lonxitude de 1014 metros, completouse en 1988 e atópase a case a cinco quilómetros ao norte da primeira.

Un túnel ferroviario de 13,7 quilómetros foi construído e estimouse a súa entrada en funcionamento para o 2012. Aproximadamente 1400 metros do túnel foron construídos baixo o estreito, a unha profundidade de 55 metros.

Etimoloxía O nome procede do grego bos: boi + foros: pasar, trasladar, xa que na antigüidade era común atravesar tal estreito cun odre inflado confeccionado coa pel dun boi. A palabra grega foi modificada posteriormente en lingua turca coma Boğaziçi.

Formación xeolóxica O Bósforo formouse ao redor do , cando unha as augas do mar Mediterráneo e o mar de Mármara inundaron o val fluvial dun extenso lago de auga doce próximo que, coa irrupción das augas do mar de Mármara a través do Bósforo, converteuse no mar Negro actual.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Convención de Montreux: Acerca da navegación polo estreito.

Categoría:Estreitos Categoría:Xeografía de Turquía Categoría:Xeografía de Europa Categoría:Xeografía de Asia Categoría:Mar Negro