San Tomé de Freixeiro é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Castrelos, Coia, Sárdoma e a cidade de Vigo. Segundo o IGE, en 2022 tiña 5.967 habitantes (2.870 homes e 3.097 mulleres).

Entidades de poboación Segundo o Nomenclátor de Galicia, as súas entidades de poboación son O Castaño, Cataboi, A Fonte Santa, A Pastora, Pousafoles e As Travesas. Segundo o IGE, as súas entidades de poboación son as seguintes: Freixeiro (2.269), Mantelas (1.608), Riobó (756) e Salgueira (1.295).

Porén, os sete barrios históricos da parroquia son: A Atalaia, Castreliños, Cataboi, O Couto, A Graña, A Ponte Nova e O Regueiro.

Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado de Vigo-Fragoso.

Patrimonio Case na zona das Travesas está o Pazo da Pastora (tamén chamado de Santhomé) construído no século XIV. Chamouse antigamente Torre de Busteu e foi propiedade de Pedro Álvarez de Soutomaior. Moi próximo atópase o Museo Liste. O instituto de ensino medio San Tomé de Freixeiro está á beira do Instituto Santa Irene e moi próximo á Piscina Municipal do Carme.

Lugares e parroquias Lugares de Freixeiro

Parroquias de Vigo

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lugares de Vigo Ligazóns externas Freixeiro na páxina do Concello de Vigo.

Categoría:Parroquias de Vigo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Tomé