O 31 de maio é o 151º día do ano do calendario gregoriano e o 152º nos anos bisestos. Quedan 214 días para finalizar o ano.
Acontecementos 1916 - Batalla da Jutlandia, na primeira guerra mundial. 1945 - Delio Rodríguez gaña a 5ª Vuelta Ciclista a España, converténdose no primeiro galego en logralo.
Nacementos miniatura|100px|Walt Whitman. 1469 - Rei Manuel I de Portugal. 1656 - Marin Marais, violista e compositor francés (m. 1728). 1819 - Walt Whitman, poeta norteamericano (m. 1892). 1852 - Julius Richard Petri, microbiólogo alemán que inventou a placa de Petri en 1876 (m. 1921). 1897 - Sara Leirós Fernández, profesora e escritora galega (m. 1978). 1912 - Chien-Shiung Wu, física (m. 1997) 1915 - Ramón Piñeiro López, escritor, ensaísta e político galego (m. 1990). 1923 - Rainiero III, príncipe de Mónaco (m. 2005). 1930 - Clint Eastwood, actor e director de cine estadounidense. 1945 - Laurent Gbagbo, presidente da Costa do Marfil. 1976 - Colin Farrell, actor irlandés.
Mortes miniatura|100px|Évariste Galois. 1594 - Tintoretto, pintor italiano (n. 1518). 1740 - Frederico Guillerme I de Prusia. 1832 - Évariste Galois, matemático francés (n. 1811). 1889 - Simeón García de la Riva, financeiro galego (n. 1823). 1927 - Benedito Calixto, pintor e historiador brasileiro (n. 1853). 1935 - Constante Amor Neveiro, sacerdote e xornalista galego (n. 1862). 1953 - Vladimir Tatlin, pintor e arquitecto ruso. 1962 - Adolf Eichmann, oficial nazi alemán. 1972 - Antonio Tenreiro Rodríguez, arquitecto galego (n. 1893) 1976 - Jacques Monod, biólogo francés (n. 1910). 2000 - Petar Mladenov, político e diplomático comunista búlgaro (n.1936). 2000 - Tito Puente, músico portorriqueño (n. 1923). 2006 - Raymond Davis Jr., químico e físico estadounidense (n. 1914).
Festas e celebracións miniatura|dereita|150px Día de Castela-A Mancha Día Mundial sen Tabaco, convocado pola OMS desde 1989 para promover medidas de loita contra o consumo de tabaco e conseguir un ambiente -familiar, social e laboral- libre de fume. Día Internacional do Tripulante de Cabina."La Voz de la Escuela, en La Voz de Galicia 28.05.2025. Día Mundial do Papagaio
Outros Santoral: Visitación da Nosa Señora. San Cancio.
Notas
Os 366 días do ano
Categoría:Maio