O 15 de xuño é o 166º día do ano do calendario gregoriano e o 167º nos anos bisestos. Quedan 199 días para finalizar o ano.
Acontecementos 1219 - O Reino de Dinamarca adopta unha bandeira nacional, a máis antiga de Europa. 1215 - O rei Xoán I de Inglaterra asina a Carta Magna. 1389 - O Imperio Otomán vence ao Principado de Serbia e ao Reino de Bosnia na batalla de Kosovo. 1752 - Benjamin Franklin realiza un experimento para demostrar que os raios son electricidade elevando un papaventos durante unha tormenta. 1977 - Primeiras eleccións democráticas en España despois da morte de Francisco Franco. 1983 - Apróbase a Lei de normalización lingüística no parlamento galego. O goberno español retirará posteriormente o termo "deber" facendo que a única lingua que deben saber os galegos é o castelán. 2019 - Inés Rey convértese na segunda alcaldesa da historia da Coruña, logo de Berta Tapia.
Nacementos miniatura|100px|Mikel Laboa. 1594 - Nicolas Poussin, pintor francés. 1843 - Edvard Grieg, pianista e compositor noruegués (m. 1907). 1914 - Yuri Andropov, Secretario Xeral do Partido Comunista da Unión Soviética (m. 1984). 1927 - Hugo Pratt, debuxante de banda deseñada italiano (m. 1995). 1934 - Mikel Laboa, cantante e compositor vasco (m. 2008). 1934 - Xosé Manuel López Ardeiro, escritor galego (m. 2007). 1949 - María Teresa Fernández de la Vega, política española. 1955 - María Teresa Ponte Iglesias, xurista galega. 1964 - Courteney Cox, actriz estadounidense.
Mortes miniatura|100px|Mihai Eminescu. 1341 - Andrónico III Paleólogo, emperador bizantino (n. 1296). 1389 - Murad I, sultán otomán. 1889 - Frederico III, emperador de Alemaña (n. 1831). 1889 - Mihai Eminescu, poeta romano (n. 1850). 1905 - Carl Wernicke, médico e psiquiatra alemán (n. 1848). 1937 - Rafael de la Torre Mirón, escultor español (n. 1871). 1961 - Eduardo Torroja Miret, enxeñeiro español (n. 1899). 1970 - Almada Negreiros, artista multidisciplinar portugués (n. 1893). 1971 - Wendell Meredith Stanley, químico e bioquímico norteamericano (n. 1904). 1977 - La Macorina, primeira muller en obter unha licenza de conducir en Cuba. 1991 - Arthur Lewis, economista caribeño (n. 1915). 1996 - Ella Fitzgerald, cantante de jazz (n. 1917).
Festas e celebracións Día Mundial de Toma de Conciencia do Abuso e o Maltrato na Vellez (ou Día Mundial de Concienciación sobre os Abusos contra os Anciáns)
Outros
Notas
Os 366 días do ano
Categoría:Xuño