San Miguel de Oia é unha parroquia do concello de Vigo. Segundo o IGE, en 2022 tiña 3.898 habitantes (1.888 homes e 2.010 mulleres). Limita coas parroquias de Coruxo e Saiáns, e pertence ao arciprestado de Vigo-Santo André.
Xeografía Está situada ao suroeste do concello e do núcleo urbano de Vigo. Ten 7,2 km², e as súas costas dan á ría de Vigo, fronte ás illas Cíes
Historia No sitio arqueolóxico da leira Mirambell atopáronse restos datados entre os séculos III e VI.
A parroquia estivo durante a Idade Moderna baixo control do Cabido de Tui. No século XVIII, dada a importancia da actividade do cultivo do liño e da artesanía derivada, naceu a Irmandade dos Liñares, e tempo despois construíuse a Capela dos Liñares.
A parroquia posúe dous cruceiros, un no lugar do Cruceiro, que data do 1859, e o do adro da igrexa.
Demografía En 2007 tiña 3.968 habitantes, sendo o núcleo máis poboado Canido, con 280. O resto son Amariz (55), As Eiras (56), A Estación (238), A Estea (70), A Poza (47), Rochas (54), Cabo Estai (143), Canido (280), A Estrada Cortada (186), Cerqueiro (25), O Cruceiro (77), Currás (88), Desteriz (137), A Estonada (67), As Figueiras (162), Gontade (141), As Grades (60), A Ermida (183), A Igrexa (80), A Lantexa (40), A Lavandeira (86), Os Liñares (83), O Loureiro (128), A Matoca (109), A Mide (278), Oia (95), O Outeiro (102), O Bouzo (172), O Rozo (171), A Senra de Abaixo (99), A Senra de Arriba (107), O Silval (66), O Sistro (147), O Toucido (67), O Toxal (27) e A Verdella (74).
Economía miniatura|Praia de Fuchiños, en Canido. A parroquia de San Miguel de Oia mantén unha economía baseada no sector servizos, o turismo (praias, patrimonio, natureza), a vida comunitaria e unha pesca artesanal moi reducida. Non existe industria conserveira activa, só vestixios históricos. É unha zona urbanizada, residencial e orientada ao lecer, cunha forte influencia do seu valor natural e patrimonial. É tamén unha zona de importancia turística no concello de Vigo (sobre todo no verán), xa que ten varias praias como a de praia de Canido, que ten bandeira azul. A illa de Toralla é privada, e sitúase entre a praia de Canido e a praia do Vao. A pesca é unha das actividades máis desenvolvidas na zona.
Lugares de interese Conta coas praias de Canido, Sobreira e Xunqueiro.
Na parroquia está o instituto oceanográfico de Vigo, e consérvanse nela 154 hórreos.
Lugares e parroquias Lugares de San Miguel de Oia
Parroquias de Vigo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vigo
Categoría:Parroquias de Vigo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Miguel