O Club Natación Avilés é un equipo de natación e wáter-polo de Avilés (Asturias). Fundouse en xaneiro do ano 2006 e comezou a participar na Liga Galega de Waterpolo na tempada 2007/2008. Este feito foi histórico, xa que endexamais antes un equipo que non fose de Galicia participara nesta competición.

O antecesor deste equipo foi a Atlética Avilesina, que ata 1934 adestraba e xogaba os seus partidos na ría de Avilés. O seu presidente é Luis Miguel Álvarez e Alfredo Fernández Cuesta o adestrador.

Véxase tamén Liga Galega de Waterpolo

Aviles Categoría:Natación Categoría:Avilés Categoría:Artigos sen imaxes