O monte Hombori é un macizo rochoso, con cume aplanado, que cos seus 1.155 metros sobre o nivel do mar constitúe o punto máis alto de Malí, en África Occidental.

Xeografía O Hombori Tondo é unha prolongación dos cantís de Bandiagara na rexión maliana de Mopti, moi preto da aldea homónima de Hombori e a unha distancia de 100 km da cidade de Douentza.

Historia e etnografía Contén xacementos arqueolóxicos, con varias grutas que estiveron habitadas hai uns 2000 anos. A poboación que actualmente vive nas proximidades do Hombori pertence ás etnias dogón e songhai.

Medio O Hombori Tondo constitúe un lugar singular ao estar a súa cima virxe durante miles de anos. A ameaza principal para o contorno estriba no crecente turismo atraído sobre todo polo efecto "dogón".

Categoría:Montañas de Malí