O 27 de decembro é o 361º día do ano do calendario gregoriano e o 362º nos anos bisestos. Quedan 4 días para finalizar o ano.

Acontecementos 537 - en Constantinopla (actual Istanbul, en Turquía) termínase de construír a basílica da Santa Sofía. 1512 - Promúlganse as Reais Ordenanzas dadas para o bo rexemento e tratamento dos indios, máis coñecidas como Leis de Burgos. 1703 - Portugal e Inglaterra asinan o Tratado de Methuen, que dá preferencia aos manufaturados ingleses en Portugal e aos viños portugueses en Inglaterra. 1763 - Tratado de Fontainebleau, polo que os británicos devolven Manila a España. 1788 - Lois XVI de Francia acepta dobrar o número de representantes do terceiro estado nos Estados Xerais, co que igualan ao de deputados da nobreza e o clero xuntos. 1789 - Lois XVI de Francia convoca os Estados Xerais. 1827 - O Comandante Bernardino Escribano funda o Forte Federación, que máis tarde se converteu na cidade de Junín, na provincia de Buenos Aires, na Arxentina. 1831 - Charles Darwin parte de Inglaterra no bergantín Beagle, á viaxe que lle permitiu desenvolver a súa famosa teoría. 1836 - O goberno español recoñece a independencia de México. 1870 - Atentado contra o xeneral Joan Prim i Prats en Madrid. Alcanzado por varios disparos, morreu tres días despois. 1897 - Estrea no teatro da Porte-Saint-Martin de Cyrano de Bergerac, drama heroico en cinco actos escrito en verso por Edmond Rostand. 1917 - Os soviéticos nacionalizan os 18 bancos existentes en Rusia. 1933 - Guerra do Chaco: a tregua entre Bolivia e Paraguai prorrógase ata o 15 de xaneiro, con motivo do Nadal. 1934 - Persia comeza a denominarse Irán, por disposición do seu goberno. 1935 - Publícanse os Seis poemas galegos de Federico García Lorca. 1945 - Corea é dividida en dous países: Corea do Norte, cun réxime socialista, e Corea do Sur cun réxime capitalista. 1945 - Créase o Fondo Monetario Internacional. 1947 - Primeira Constitución italiana tras a segunda guerra mundial. 1949 - Os Países Baixos recoñecen a independencia de Indonesia no marco dunha unión económica entre o arquipélago e a antiga metrópole. 1968 - Volve á Terra o Apollo 8 logo de dar dez voltas arredor da Lúa. 1968 - Máis de 5.000 mineiros asturianos en folga, malia ser ilegal en España. 1978 - España adopta a democracia despois de 40 anos de ditadura. 1981 - Primeiro concerto de Siniestro Total, no Teatro Salesianos de Vigo. 1983 - O Congreso dos Deputados de España convalida o decreto-lei sobre a reconversión industrial. 1985 - Barcelona solicita oficialmente a organización dos Xogos Olímpicos. 1985 - Dous atentados simultáneos contra a compañía aérea israelí El-Al, nos aeroportos de Viena e Roma, causan 16 mortos e máis de 100 feridos. 1988 - O afundimento dun barco en Bangladesh causa a desaparición de 250 persoas. 1989 - O Tribunal Electoral de Panamá proclama presidente do país a Guillermo Endara. 1993 - A OLP e Israel negocian no Cairo un acordo definitivo para Gaza e Xericó. 1995 - Despois de case 30 anos de ocupación, o exército de Israel abandona Ramala, sexta localidade de Cisxordania na que entra en vigor a autonomía palestina. 1997 - O líder paramilitar protestante, Billy Wright, é asasinado en Irlanda do Norte 2002 - Dúas bombas explosionan nos cuarteis pro-rusos de Grozni, Chechenia. 72 persoas morren, e outras 200 resultan feridas. 2006 - Lanzamento do observatorio espacial europeo COROT.

Nacementos miniatura|100px|Louis Pasteur. 1390 - Anne de Mortimer, aspirante ó trono inglés. 1571 - Johannes Kepler, astrónomo alemán descubridor das leis do movemento dos planetas. 1654 - Jakob Bernoulli, matemático suízo (m. 1705). 1683 - Conyers Middleton, ministro inglés. 1715 - Philippe de Noailles, duque de Mouchy, soldado francés. 1717 - Pío VI, papa. 1721 - François Hemsterhuis, filósofo alemán. 1773 - George Cayley, científico, inventor e político inglés. 1799 - Serafín Estébanez Calderón, escritor español. 1806 - Ramón Cabrera, militar carlista español. 1822 - Louis Pasteur, químico e biólogo francés inventor da pasteurización e da vacina contra a rabia. 1823 - Sir Mackenzie Bowell, primeiro Ministro do Canadá. 1832 - Pavel Tretyakov, empresario e mecenas ruso. 1851 - Percy Carlyle Gilchrist, química e metalúrxica británica. 1859 - Vicente March, pintor valenciano. 1879 - Sydney Greenstreet, actor inglés. 1888 - Thea von Harbou, actriz e autora alemá. 1896 - Carl Zuckmayer, autor e dramaturgo alemán. 1896 - Louis Bromfield, escritor estadounidense. 1900 - Hans Stuck, condutor de carreiras alemán. 1901 - Marlene Dietrich, actriz estadounidense de orixe alemá. 1906 - Oscar Levant, pianista, compositor e actor americano. 1907 - Sebastian Haffner, periodista e escritor alemán. 1910 - Charles Olson, poeta estadounidense. 1915 - William Howell Masters, sexólogo estadounidense. 1915 - Gyula Zsengellér, futbolista húngaro. 1917 - Onni Palaste, escritor finlandés 1923 - Peter Hajdu, lingüista húngaro. 1925 - Michel Piccoli, actor francés. 1927 - Agnes Nixon, escritora, directora e produtora de televisión estadounidense. 1929 - Philippe Curval, autor francés de ciencia ficción. 1932 - Bernardiño Graña, escritor galego (m. 2025) 1934 - Larisa Latynina, ximnasta rusa. 1939 - John Amos, actor estadounidense. 1941 - Michael Pinder, músico británico. 1943 - Cokie Roberts, xornalista estadounidense. 1943 - Peter Sinfield, letrista e produtor británico. 1943 - Joan Manuel Serrat, cantante catalán. 1943 - Pete Quaife, músico británico pertencente ó grupo dos Kinks). 1944 - Mick Jones, músico británico. 1948 - Gérard Depardieu, actor francés. 1949 - Carson Kievman, compositor estadounidense. 1950 - Roberto Bettega, futbolista italiano. 1951 - Ernesto Zedillo Ponce de León, presidente de México entre 1994 e 2000. 1950 - Terry Bozzio batería estadounidense. 1952 - David Knopfler, cofundador co seu irmán Mark do grupo de rock británico Dire Straits. 1960 - Maryam d'Abo, actriz británica. 1963 - Gaspar Noé, cineasta francés. 1967 - Blutch, autor de cómics francés. 1975 - Heather O'Rourke, actriz estadounidense protagonista de Poltergeist. 1981 - Lise Darly, cantante francesa.

Mortes miniatura|100px|Osip Mandelshtam. 1065 - Fernando I de Castela. 1585 - Pierre de Ronsard, poeta francés. 1663 - Cristina de Francia, duquesa de Savoia. 1795 - Francisco Eugenio de Santa Cruz, líder independentista ecuatoriano. 1873 - Edward Blyth, zoólogo e químico británico. 1906 - Bernardo de Irigoyen, político arxentino. 1914 - Charles Martin Hall, inventor e enxeñeiro estadounidense. 1915 - Claudio Cuveiro González, xornalista e escritor galego. 1915 - Juan Menéndez Pidal, poeta e folclorista español. 1921 - Daniel Zuloaga, pintor e ceramista español. 1923 - Lluís Domènech i Montaner, arquitecto catalán. 1923 - Gustave Eiffel, enxeñeiro francés. 1931 - José Figueroa Alcorta, político arxentino. 1937 - Maurice Ravel, compositor francés. 1938 - Osip Mandelshtam, poeta ruso. 1942 - William G. Morgan, educador estadounidense e inventor do voleibol. 1946 - Pedro Mata, novelista español. 1950 - Max Beckmann, pintor alemán. 1953 - Romualdo Galdós, relixioso, publicista e escritor español (n. 1885). 1958 - Gregorio Arcila Robledo, frade, historiador e lingüista colombiano. 1959 - Alfonso Reyes Ochoa, escritor mexicano. 1960 - Luis Fábrega Coello, farmacéutico e político galego (n. 1874). 1962 - Serge Raynaud de la Ferrière, escritor e astrólogo francés (n. 1916). 1962 - Francisco Vázquez Saco, eclesiástico e escritor galego (n. 1897). 1965 - Edgar Ende, pintor alemán. 1966 - Guillermo Stábile, futbolista arxentino. 1972 - Lester Bowles Pearson, político e diplomático canadense, Premio Nobel da Paz en 1957. 1978 - Houari Boumedienne, político e militar arxelino. 1978 - Alexandre Deulofeu, político e filósofo catalán. 1981 - Hoagy Carmichael, compositor estadounidense. 1982 - Jack Swigert, astronauta estadounidense. 1985 - Harry Hopman, tenista australiano. 1988 - Hal Ashby, director de cine estadounidense. 1989 - Rodney Arismendi, dirixente comunista uruguaio. 1994 - Karl Schiller, político alemán. 1995 - James Meade, científico británico. 1997 - Brendan Gill, crítico de cine, teatro e arquitectura estadounidense. 1998 - Ricardo Tormo, motociclista valenciano (n. 1952). 1999 - Pierre Clémenti, actor francés. 1999 - Horst Matthai Quelle, escritor e filósofo alemán en lingua castelá. (n. 1912) 2000 - Antonio Rodríguez Valdivieso, pintor español. 2002 - George Roy Hill, director de cine estadounidense (n. 1921). 2003 - Alan Bates, actor británico (n. 1934). 2003 - Enric Bernat, empresario catalán, fundador de Chupa Chups (n. 1923). 2003 - Juan García Ponce, escritor mexicano (n. 1932). 2007 - Benazir Bhutto, política e primeira ministra paquistaní (1988-1990 e 1993-1996) (n. 1953). 2007 - Jaan Kross, escritor estoniano (n. 1920).

Festas e celebracións

Outros Santoral: San Xoán Evanxelista.

Os 366 días do ano

Categoría:Decembro