O 24 de decembro é o 358º día do ano do calendario gregoriano e o 359º nos anos bisestos. Quedan 7 días para finalizar o ano.
Acontecementos 640 - Xoán IV convértese en papa. 1046 - Comeza o curto pontificado de Clemente II. 1294: en Roma, Bonifacio VIII é elixido papa, substituíndo a Celestino V, que renunciara 10 días antes. 1715 - As tropas suecas ocupan Noruega. 1777 - James Cook descobre a illa de Kiritimati, coñecida tamén como Illa de Nadal. 1814 - Asínase o Tratado de Gante, rematando así a guerra de 1812. 1818 - Franz Xaver Gruber compón "Noite de Paz". 1851 - Incéndiase a Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos. 1865 - Veteranos confederados da guerra civil americana constitúen o Ku Klux Klan. 1906 - Primeira emisión de radio, que consistiu na lectura dun poema, un solo de violín e unha alocución. 1914 - Comeza a "Tregua de Nadal" durante a primeira guerra mundial. 1924 - Albania convértese en república. 1941 - Hong Kong cae diante do Exército Imperial Xaponés. 1943 - O xeneral estadounidense Dwight D. Eisenhower é nomeado comandante supremo aliado. 1946 - Fundación da Cuarta República Francesa. 1951 - Libia independízase de Italia. Idris I é proclamado rei. 1954 - Independencia de Laos. 1968 - A tripulación do Apollo 8 entra en órbita ao redor da Lúa, sendo os primeiros humanos en logralo. 1979 - A Unión Soviética invade Afganistán en apoio do seu goberno. 1979 - Lanzamento do primeiro foguete espacial europeo, o Ariane. 1979 - Publícase por vez primeira en galego O Novo Testamento, elaborada por especialistas para a SEPT. 2001 - Ariel Sharon impide a Arafat a súa habitual asistencia á Misa do Galo en Belén.
Nacementos miniatura|100px|Adam Mickiewicz. 1742 - Gregorio Ferro, pintor neoclasicista galego (m. 1812). 1798 - Adam Mickiewicz, poeta e escritor polaco (m. 1855). 1818 - James Prescott Joule, físico británico (m. 1889). 1818 - Jesús Muruais Rodríguez, avogado, xornalista e escritor galego (m. 1903). 1881 - Juan Ramón Jiménez, escritor español, Premio Nobel de Literatura (m. 1958). 1884 - Xesús Carro, sacerdote e escritor galego (m. 1973). 1888 - Michael Curtiz, director cinematográfico húngaro-estadounidense (m. 1962). 1889 - Luís Trigo Chao, guerrilleiro antifranquista galego (m. 1948). 1905 - Howard Hughes, aviador, enxeñeiro, empresario e produtor cinematográfico estadounidense (m. 1976). 1905 - Amando Losada, avogado e político galego (m. 1980). 1922 - Ava Gardner, actriz estadounidense (m. 1990). 1930 - Arsenio Iglesias, adestrador de fútbol galego, técnico da Selección galega. 1934 - Stipe Mesić, presidente de Croacia. 1943 - Tarja Halonen, presidenta de Finlandia. 1949 - Moncho Borrajo, humorista e dramaturgo galego. 1957 - Hamid Karzai, político afgán. 1971 - Ricky Martin, cantante estadounidense. 1973 - Stephenie Meyer, escritora estadounidense. 1991 - Louis Tomlinson, cantante británico.
Mortes miniatura|100px|Vasco da Gama. 1524 - Vasco da Gama, navegante portugués (n. 1469). 1790 - Juan Francisco de Castro Fernández, sacerdote e avogado ilustrado galego (n. 1721). 1811 - Hermenegildo Amoedo Carballo, xesuíta, poeta galego, no cárcere en Mantua (n. 1747). 1863 - William Makepeace Thackeray, escritor inglés (n. 1811). 1872 - William John Macquorn Rankine, enxeñeiro e físico escocés (n. 1820). 1891 - Miguel Payá y Rico, cardeal da Igrexa Católica (n. 1811). 1935 - Alban Berg, compositor austríaco (n. 1885). 1936 - Ricardo Gómez Buceta, político galego (n. 1900). 1938 - Severiano Martínez Anido, militar galego (n. 1862). 1975 - Bernard Herrmann, compositor estadounidense (n. 1911). 1980 - Karl Dönitz, almirante, presidente da Alemaña (n. 1891). 1987 - Joop den Uyl, primeiro ministro dos Países Baixos (n. 1919). 1999 - João Baptista de Oliveira Figueiredo, presidente do Brasil (n. 1918). 2007 - Luís Cordeiro, político galego (n. 1934). 2008 - Harold Pinter, dramaturgo e guionista inglés (n. 1930). 2013 - Germán Coppini, cantante pop (n. 1961). 2014 - Baldomero Cores Trasmonte, avogado e sociólogo galego (n. 1929). 2016 - Gil Parrondo, director artístico (n. 1921).
Festas e celebracións Noiteboa
Outros Santoral: Adán e Eva; San Chárbel.
Os 366 días do ano
Categoría:Decembro