Acontecementos

Cleómbroto I sucede como rei de Esparta a Axesípolis I. Farnabaces sucede a Tiribazo como sátrapa persa de Cilicia.

Arte e cultura Comeza a súa actividade o pintor grego Pausias (até -330); introducirá o pintado ao encausto.

Nacementos

Piteas - Navegante grego (data aproximada) (m. c. -310). Darío III - Derradeiro rei aqueménida do Imperio Persa (data aproximada) (m. -330).

Mortes

Pausanias I - Rei de Esparta exiliado (data aproximada). Lisias - Orador grego (n. -460). Aristófanes - Comediógrafo grego (n. c. -448). Filoxeno de Citera, poeta grego (n. -435).

Véxase tamén

Historia ano a ano

Categoría:-380