Jean-Jacques Annaud, nado en Juvisy-sur-Orge (Essonne, Francia) o 1 de outubro de 1943, é un director de cine.

Traxectoria Tras cursar estudos no Institut des hautes études cinématographiques, iniciouse no mundo do cine coa publicidade.

Obtivo o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa en 1976 coa súa primeira longametraxe, La Victoire en chantant. Encargóuselle entón a dirección de O cabezazo, escrita por Francis Veber e interpretada por Patrick Dewaere.

Adicouse a proxectos moi caros e ambiciosos, como Na busca do lume, (1981) e O oso (1988) nos que demostra mestría técnica.

A súa consagración comercial acadouna coa adaptación da novela de Umberto Eco O nome da rosa, película que combina acertadamente problemas filosóficos e morais co suspense. Contou cun elenco de luxo: Sean Connery, Christian Slater e F. Murray Abraham. Este éxito permitiulle abordar a superprodución erótica L'Amant (1992), adaptación do libro de Marguerite Duras.

En 2006 rodou unha superprodución europea, Sa Majesté Minor, con exteriores rodados nas oliveiras de Benigembla, e na cala do Poble Nou de Benitatxell, na comarca da Marina Alta da Comunidade Valenciana.

Malia non ser sempre ben tratado pola prensa, Annaud ten fama de perfeccionista e de técnico destacado, encargándose de revisar persoalmente todas e cada unha das etapas de elaboración das películas e mesmo a súa adaptación ó DVD.

Filmografía La Victoire en chantant, (1976, relanzada en 1977 como Noirs et Blancs en couleurs) O cabezazo (1979) Na busca do lume (1981) O nome da rosa (1986) O oso (1988) L'amant (1992) Les Ailes du courage (1995, primeira película de ficción en utilizar o procedemento IMAX) Seven Years in Tibet (1997) Enemy at the Gates (2001) Deux Frères (2004) Sa Majesté Minor (2007)

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial de Jean-Jacques Annaud

Annaud Categoría:Nados en 1943 Categoría:Nados no departamento de Essonne