O Mosteiro dos Santos Xusto e Pastor de Toxosoutos é un antigo mosteiro, hoxe abandonado, no lugar de San Xusto, no concello de Lousame.

Segundo afirmou Hipólito de Sa

Historia miniatura|Fervenza en Toxosoutos. miniatura|250px|Camposanto.

Foi fundado o 1 de novembro de 1129, trala doazón da ermida de san Xusto a Froila Alonso e Pedro Muniz de Carnota por parte do mosteiro de San Paio de Antealtares o 16 de outubro de 1127. En 1135 foi consagrado polo arcebispo Xelmírez. Afonso VIIIn Dei nomine, amen. Notum sit omnibus presentem paginam inspecturis quod ego Adefonsus, Dei gratia rex Legionis et Gallecie, concedo et confirmo Deo et monasterio Sancti Justi de Togis Outis quantum pertinebat ad ius regale in illa hereditate que uocatur Ratis cum omnibus suis appendiciis et cum suis hominibus intus et foras morantibus; que est in rippa Thamaris et terminatur per gandera de Gentinis, et inde per Briom de Suso, et de alia parte per terminos de Roo, et inde per Sarantes et per Alueyda quam idem monasterium obtinuit ex donacione Petri Muniz de Carnota cui eamdem domnus Alfonsus, rex Hyspanie, pro seruicio quod sibi fecerat donauit secundum quod ex legitimo instrumento ipsius regis mihi constititit euidenter favoreceuno e eximiuno dos tributos debidos á sé compostelá, o mosteiro tamén gozou da protección a familia dos Condes de Traba. As súas posesións incluían Noia, Lousame, Outes, Muros e tamén 47 igrexas e 17 municipios. Tivo 22 abades entre 1135 e 1498.

Seguindo a reforma monástica feita polos Reis Católicos, o bispo de Tui Diego de Muros mandou irmandalo co mosteiro de Sobrado dos Monxes en 1475, polo que foi incorporado ao mesmo en 1504, e pasou a pertencer á orde do Císter.

Recuperou parte do seu esplendor durante os séculos XVII e XVIII, pero decaeu coas invasións napoleónicas e desapareceu coa desamortización de Mendizábal.

En 1921 o sacerdote da parroquia, con autorización do arcebispado de Compostela, vendeu os restos do claustro románico, do século XIII, ao vizconde de San Alberto, que o instalou no Pazo da Pena do Ouro, preto de Noia.

Nel elaborouse no século XII o Tombo de Toxosoutos, manuscrito famoso polas súas miniaturas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Agrafoxo Pérez, X.: Noia, vila histórica. Lousame, 1987: Colexio Público, D.L. ISBN 84-398-9361-X

Outros artigos Mosteiros e conventos de Galicia Ligazóns externas , Francisco Javier (2004) Os documentos do Tombo de Toxos Outos Consello da Cultura Galega. ISBN 84-95415-82-8. Mosteiro de Toxosoutos, na web do concello de Lousame.

Toxosoutos Categoría:Lousame Categoría:Bens de Interese Cultural da provincia da Coruña Categoría:Mosteiros cistercienses de Galicia