O Panxab, ás veces Punjab, Punxab, Penjab, Panjâb ou Pendjab, é un amplo territorio habitado tradicionalmente polo pobo panxabí, repartido desde 1947 entre a India e o Paquistán e que abrangue a rexión do Panxab e partes do Territorio da Capital Islamabad e de Azad Caxemira en Paquistán e o estado de Panxab, Chandigarh e partes de Haryana, Himachal Pradesh e Jammu na India.

Nome Panjâb significa «(país dos) cinco ríos» (do persa Panj "cinco", a mesma raíz que se observa no grego penta + ab "agua"), que son: o Beas, o Chenab, o Jhelum, o Ravi e máis o río Sutlej. Os cinco ríos, agora divididos entre a India e o Paquistán, únense para formar o Panjnad, que se une ao Indo.

Desta rexión asiática procede o pobo xitano. miniatura|esquerda|275px|Val do río Sutlej ca. 1857.

Xeografía A maior parte do Panxab é unha chaira aluvial, que no norte está delimitada por cadeas montañosas. A pesar do seu clima predominantemente seco, é unha rica zona agrícola, mercé as obras de irrigación que posúe, feitas posíbeis grazas aos ríos que a atravesan. As temperaturas do territorio son extremadas ao longo do territorio e oscilan entre -20 °C e 40 °C, pero nos meses do verán poden alcanzarse os 47 °C.

Poboación En total Paquistán habitan uns 70 millóns de panxabís, maioritarimante musulmáns, e na India viven uns 39 millóns, maioritariamente sikhs e hinduístas.

miniatura|dereita|275px|O Templo de Ouro en Amritsar

Notas

Véxase tamén

Categoría:Xeografía da India Categoría:Xeografía de Paquistán