O 28 de agosto é o 240º día do ano do calendario gregoriano e o 240º nos anos bisestos. Quedan 125 días para finalizar o ano.
Acontecementos 473 - O xeneral romano Orestes obriga ó emperador romano Xulio Nepote a fuxir da cidade de Rávena e a nomear ao seu fillo Rómulo Augústulo como o seu sucesor. 489 - Teodorico, rei dos ostrogodos, derrota a Odoacro, rei dos hérulos na batalla de Isonzo. 1189 - Os cruzados comezan o asedio de Acre baixo o mando de Guy de Lusignan. 1521 - Os turcos otománs ocupan Belgrado, hoxe capital de Serbia 1565 - A frota de España desembarca na península da Florida, onde fundan San Agustín, o máis antigo asentamento europeo nos Estados Unidos. 1609 - Henry Hudson descobre a Baía de Delaware. 1619 - Fernando II é elixido emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico. 1645 - Morre Hugo Grotius, xurista neerlandés. 1673 - O Príncipe de Montesacro desembarca no Peñón de Alhucemas cunha escuadra. 1789 - A lúa de Saturno, Encélado, é descuberta por Fredrick William Herschel. 1791: afúndese na Gran Barreira de Coral, o barco HMS Pandora cando buscaba ao buque amotinado HMS Bounty. 1828 - Uruguai declárase estado independente 1833 - A escravitude é abolida oficialmente no Reino Unido e nas súas colonias. 1845 - Primeira publicación de Scientific American. 1867 - Estados Unidos ocupa o Atol de Midway. 1879 - Cetshwayo, o derradeiro rei zulú, é capturado polos británicos. 1903 - Fúndase a Harley-Davidson Motor Company. 1910 - Proclamación do Reino de Montenegro. 1916 - Primeira guerra mundial: tropas romanesas penetran en Hungría. 1920 - Recoñécese o dereito ó voto feminino nos Estados Unidos. 1929 - A cidade de Tacna é devolta por Chile ó Perú. 1944 - Segunda guerra mundial: Marsella e Tolón son liberadas polos Aliados. 1947 - O toureiro español Manuel Rodríguez "Manolete" resulta mortalmente ferido polo touro Islero na praza de Linares. 1960 - Realízanse por primeira vez os exercicios navais UNITAS. 1963 - Manifestación polos Dereitos Civís en Washington, D.C.: Martin Luther King Jr. pronuncia o seu famoso discurso I have a Dream (teño un soño). 1988 - Alemaña: accidente aéreo en Ramstein, nunha exhibición aérea de avións italianos. Morren 70 persoas e 400 son feridas de gravidade. 1990 - Iraq declara Kuwait como provincia iraquí. 2004 - Paquistán: Shaukat Aziz é nomeado primeiro ministro. 2007 - Eclipse lunar.
Nacementos miniatura|100px|Liam O'Flaherty. 1025 - Emperador Go-Reizei do Xapón. 1582 - Emperador Taichang da dinastía chinesa dos Ming. 1592 - George Villiers, 1° duque de Buckingham. 1749 - Johann Wolfgang von Goethe, escritor alemán. 1762 - José Agustín Caballero, filósofo cubano. 1773 - Aimé Bonpland, naturalista, médico e botánico francés. 1774 - Elizabeth Ann Seton, primeira santa católica estadounidense. 1797 - Karl Otfried Müller, intelectual e arqueólogo alemán. 1801 - Antoine Augustin Cournot, matemático e economista francés. 1810 - Jaime Balmes, filósofo e teólogo español. 1814 - Sheridan Le Fanu, novelista e periodista irlandés. 1853 - Vladimir Shukhov, enxeñeiro e inventor ruso. 1867 - Umberto Giordano, compositor italiano. 1878 - George Hoyt Whipple, médico estadounidense, premio Nobel de Medicina en 1934. 1892 - Rodolfo Prada, galeguista da Arxentina (m. 1980). 1894 - Karl Böhm, director de orquestra austríaco. 1896 - Liam O'Flaherty, escritor irlandés (m. 1984). 1899 - Charles Boyer, actor francés. 1903 - Bruno Bettelheim, psicanalista estadounidense. 1904 - Secondo Campini, enxeñeiro aeronáutico italiano. 1906 - John Betjeman, poeta inglés. 1908 - Roger Tory Peterson, ornitólogo estadounidense. 1910 - Tjalling Koopmans, economista estadounidense, Premio Nobel de Economía en 1975. 1911 - Joseph Luns, político e diplomático neerlandés. 1913 - Robertson Davies, novelista canadense. 1913 - Boris Pahor, escritor esloveno. 1916 - Jack Vance, escritor estadounidense. 1917 - Jack Kirby, debuxante estadounidense. 1919 - Godfrey Newbold Hounsfield, enxeñeiro electrónico inglés, Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1979. 1921 - Fernando Fernán Gómez, escritor, actor e director de cine e teatro español. 1924 - Janet Frame, novelista neozelandesa. 1924 - Peggy Ryan, actriz e bailarina estadounidense. 1925 - Donald O'Connor, actor, cantante e bailarín estadounidense. 1925 - José Peña Guitián, pediatra galego. 1930 - Ben Gazzara, actor estadounidense. 1938 - Paul Martin, político canadense. 1940 - Roger Pingeon, ciclista francés. 1942 - Sterling Morrison, guitarrista estadounidense (The Velvet Underground). 1945 - Anxo Guerreiro, político galego. 1948 - Danny Seraphine, batería e produtor musical estadounidense (Chicago). 1957 - Daniel Stern, actor estadounidense. 1958 - Scott Hamilton, patinador artístico estadounidense. 1960 - Emma Samms, actriz inglesa. 1961 - Kim Appleby, cantante e actriz inglesa. 1961 - Ana Ceballo, economista española 1962 - Pablo Carbonell, humorista español. 1962 - David Fincher, director de cine estadounidense. 1963 - Jennifer Coolidge, actriz estadounidense. 1963 - Regina Jacobs, atleta estadounidense. 1964 - Antón Riveiro Coello, escritor galego. 1965 - Satoshi Tajiri, animador xaponés, creador de Pokémon. 1965 - Amanda Tapping, actriz canadense. 1965 - Shania Twain, cantante e compositora canadense. 1966 - René Higuita, futbolista colombiano. 1968 - Billy Boyd, actor inglés. 1969 - Jack Black, actor estadounidense. 1969 - Mary McCartney, fotógrafa inglesa. 1970 - Sherrié Austin, cantante australiana. 1971 - Janet Evans, nadadora estadounidense. 1975 - Ana Drago, socióloga e política portuguesa. 1982 - LeAnn Rimes, cantante estadounidense. 1985 - Cove Reber, vocalista da banda Saosin. 1986 - Gilad Shalit, militar de Israel. 1990 - Bojan Krkic, futbolista español.
Mortes miniatura|100px|Agostiño de Hipona. 430 - Agostiño de Hipona, teólogo, filósofo e Doutor da Igrexa. 1481 - Rei Afonso V de Portugal. 1672 - Mateo Segade Bugueiro, bispo católico galego (n. 1605). 1936 - Uxío Carré Naya, político e sindicalista galego (n. 1915). 1950 - Ernest Douwes Dekker, político, escritor, xornalista das Indias Orientais Neerlandesas (n. 1879). 1978 - Charles Boyer, actor francés. 1987 - John Huston, director de cinema norteamericano. 1998 - Claudio Movilla, xuíz galego (n. 1931). 2003 - Raimundo García Domínguez (Borobó), escritor e xornalista galego (n. 1916). 2006 - Melvin Schwartz, físico estadounidense (n. 1932). 2007 - Francisco Umbral, xornalista, novelista, biógrafo e ensaísta español. 2017 - Pedro Solveira, artista galego (n. 1932).
Festas e celebracións
Outros Santoral: Santo Agostiño.
Os 366 días do ano
Ver tamén - meses: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro
Categoría:Agosto