O Consello de Axuda Mutua Económica (CAME ou Comecon) foi unha organización de cooperación económica formada ao redor da Unión Soviética polos países do chamado socialismo real e cuxos obxectivos eran o fomento das relacións comerciais entre os estados membro nun intento de contrapesar aos organismos económicos internacionais de economía capitalista, así como presentar unha alternativa ao denominado Plan Marshall desenvolvido polos Estados Unidos para a reorganización da economía europea tras a segunda guerra mundial. Existiu entre xaneiro 1949 e abril de 1991.

Por impulso da Unión Soviética, os membros do CAME dividiron o traballo entre os distintos países, creando zonas produtoras de materias primas, siderurxia, industria petroquímica etc., coincidindo con cada país, o que acentuaba a dependencia de todos eles da Unión Soviética que nalgunhas ocasións representaba o 40% dos intercambios entre os mesmos.

A súa fase de maior expansión internacional coincidiu cos anos 1970, cando controlaba o 10% do tráfico mundial de mercadorías. O 28 de xuño de 1991, cando se disolveu, apenas representaba o 6%.

Países integrantes URSS, xaneiro 1949 Bulgaria, xaneiro 1949 Checoslovaquia, xaneiro 1949 Hungría, xaneiro 1949 Polonia, xaneiro 1949 Romanía, xaneiro 1949 Albania, febreiro 1949-1987 República Democrática Alemá, 1950-1990 Mongolia, 1962 Cuba, 1972 Vietnam, 1978

Iugoslavia tiña categoría de membro asociado, en tanto como observadores fóronse unindo Afganistán, Angola, Etiopía, Finlandia, Laos, México, Mozambique, Nicaragua e Iemen do Sur.miniatura|430x430px|Membros do CAME a finais dos anos 1980

|centro Véxase tamén

Outros artigos Pacto de Varsovia

Ligazóns externas

Categoría:Guerra Fría Categoría:Organizacións internacionais Categoría:Unión Soviética