Fraga é unha localidade e un concello aragonés, de 12.868 habitantes, situado no extremo sueste da provincia de Huesca, no último treito do Val do río Cinca (a 115 km de Zaragoza e a 25 km de Lleida). O municipio, con 435 km² de área, é un dos máis extensos de España. É cabeza do partido xudicial homónimo e capital da comarca do Baix Cinca. Oficiosamente é considerada a capital da Franja de Ponent.
Clima Fraga ten un clima mediterráneo continentalizado, cunhas temperaturas medias anuais de 14,7 °C e unhas precipitacións medias de 384 mm, que se rexistran na primavera e, especialmente, durante o outono.
Historia O territorio onde se asenta Fraga pertenceu en época prerromana ao pobo ibérico dos ilerxetes. Durante a dominación romana pasaba por aquí a vía que unía Zaragoza con Tarragona. Aínda que se ten defendido que Fraga era cidade dita Colonia Gallica Flavia, non hai probas que o confirmen.
A partir do século VIII a comarca pasou a formar parte do Al-Andalus, e a cidade foi coñecida como Medina Afraga. Foi tomada polos cristiáns, dirixidos por Ramón Berenguer IV o 24 de outubro de 1149.
Xeolingüística Fraga pertence á área lingüística catalá-occidental. O catalán utilízase na cidade e arredores, pero non con igualdade fronte ao castelán que domina. Só moi recentemente se autorizou o ensino de catalán nos niveis primario e secundario.
Economía A cidade constitúe un importante centro do sector servizos, que ocupa un terzo da poboación activa. O sector primario da comarca está especializado no cultivo de froiteiras, especialmente figueiras.
Patrimonio monumental miniatura|170px|Torre dos Frades Igrexa de San Pedro, románica, do século XII, asentada sobre a antiga mesquita. Pazo Montcada, da familia dos señores da cidade. Torre dos Frades, do século XIII, que se coida construída polos templarios. Castelo medieval, coas ruínas da igrexa de San Miguel. Museo Salvador Sabaté, con obra dese pintor catalán, residente na cidade. Nos arredores a romana Villa de Fortunatus.
Imaxes de Fraga
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Coc de Fraga Ligazóns externas Páxina oficial de Fraga