Susana Vázquez Dorado é unha política galega do PPdeG.
Traxectoria Tralas eleccións municipais de 2003 e despois de 18 anos de goberno do PPdG presidido por Salvador González Diz, Susana Vázquez Dorado (única concelleira do PSdeG-PSOE) accedeu á alcaldía de Porqueira co apoio dos catro concelleiros do PPdeG, logo de incumprir un acordo entre o seu partido e o BNG (ó que lle faltaron 14 votos para acadar a maioría absoluta). Poucos días despois foi expulsada do PSdeG e denunciada por corrupción e intento de suborno. Foi declarada como tránsfuga pola comisión do Congreso dos Deputados en 2006.«Non lle dou ningún valor, é unha decisión política», La Voz de Galicia, Ourense, 21-12-2006. p. 2. Nas eleccións municipais de 2007 presentouse polo PPdeG obtendo a maioría absoluta. Nas eleccións municipais de 2011 volveu ser elixida alcaldesa polo PPdeG con maioría absoluta. É vogal no comité rexional do PPdeG dende 2009 por designación directa do presidente.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Porqueira Ligazóns externas
«Está retornando xente para asentarse aquí de novo», entrevista en La Voz de Galicia.
Categoría:Alcaldes de Porqueira Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes