miniatura|dereita|200px|San Xurxo matando o Dragón.

Bernat Martorell, nado en Sant Celoni en 1390 e finado en Barcelona en 1452, foi un pintor catalán pertencente ao movemento do Gótico Internacional. Durante tempo foi coñecido como o Mestre de San Xurxo, pola súa obra mestra.

Traxectoria Sábese pouco da súa vida antes de 1427, aínda que a mediados do século XV era un dos principais artistas de Cataluña. A maior parte das súas obras foron retablos, aínda que tamén deseñou vitrais e iluminou libros como as miniaturas que realizou para o "Libro de Horas" que se custodia no Instituto Municipal de Historia de Barcelona.

O seu estilo encádrase dentro da segunda etapa do gótico internacional en Cataluña, que está caracterizado por estar máis próximo ao estilo flamengo.

Obras San Xurxo matando o Dragón (táboa). É a súa obra mestra. Forma parte das coleccións do Art Institute of Chicago e do Museo do Louvre de París. Decapitación de Xoán o Bautista e Salomé presentando a súa cabeza a Herodes. Natividade. Retablo da Transfiguración, na catedral de Barcelona. Retablo de San Pedro de Púbol (1437), no Museo Diocesano de Xirona.

Bibliografía

Azcárate Ristori, J. M.ª de, Pintura gótica del siglo XV, en Historia del arte. Anaya. Madrid. 1986. ISBN 84-207-1408-9 Roig, Josep L. Historia de Barcelona. Ed. El Periódico de Cataluña, Grupo Zeta, Barcelona. 1995 ISBN 84-8130-039-X

Categoría:Arte gótica Categoría:Pintores de Cataluña Categoría:Nados en 1390 Categoría:Finados en 1452 Categoría:Nados en Sant Celoni