Hans Christina Ørsted, nado en Rudkøbing o 14 de agosto de 1777 e finado en Copenhague o 9 de marzo de 1851, foi un físico e químico dinamarqués. O seu descubrimento do campo magnético nas proximidades dunha corrente eléctrica en 1820 é a orixe do electromagnetismo. Construíu un pezómetro para estudar a compresibilidade dos líquidos e dos sólidos en 1822. Traxectoria

Foi un grande estudoso do electromagnetismo. En 1813 agoirou a existencia dos fenómenos electromagnéticos, o cal non ficou demostrado até 1819, xunto con Ampere, cando descubriu a desviación dunha agulla imantada ao ser colocada en dirección perpendicular a un condutor, polo que circula unha corrente eléctrica, demostrando así a existencia dun campo magnético arredor de todo condutor atravesado por unha corrente eléctrica, e iniciándose dese modo o estudo do electromagnetismo. Este achado foi crucial no desenvolvemento da electricidade, xa que puxo en evidencia a relación existente entre a electricidade e o magnetismo. Ørsted é a unidade de medida da relutancia magnética. Crese que tamén foi o primeiro en illar o aluminio, por electrólise, en 1825, e en 1844 publicou o seu Manual de Física Mecánica. miniatura|Hans Christian Ørsted, Der Geist in der Natur, 1854|center Notas

Categoría:Persoas relacionadas coa electricidade Categoría:Descubridores de elementos químicos Categoría:Físicos de Dinamarca Categoría:Químicos de Dinamarca Categoría:Inventores Categoría:Nados na rexión de Syddanmark Categoría:Nados en 1777 Categoría:Finados en 1851 Categoría:Medalla Copley