Persépolis é un filme francés de animación, estreado no ano 2007. Está baseada na novela gráfica Persépole de Marjane Satrapi.
A propia autora adaptou o guión e a dirixiu xunto a Vincent Paronnaud. A película, con música de Olivier Bernet, obtivo un nomeamento á Palma de Ouro ó mellor filme e outro ó Oscar ó mellor filme de animación. Conseguiu o Premio do xurado no Festival de Cannes no 2007. Tamén conseguiu o Premio Especial do xurado no Festival Internacional de Cine Cinemanila.
miniatura|esquerda|200px|Marjane Satrapi na estrea de Persépolis.
Argumento
Marjane é unha nena nacida no Irán dos anos 70, nunha familia occidentalizada e aburguesada. Logo da caída do réxime do Sah e a chegada da república islámica de Ruhollah Khomeini aumenta a represión. Co inicio da guerra contra Iraq, os pais deciden enviala ó liceo francés de Viena, onde pasa a adolescencia. Malia todo decide volver ó cabo duns anos, onde ve os resultados da guerra e as transformacións sufridas polo seu país e por Teherán.
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Francia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 80ª edición dos Óscar
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Cinema de animación Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de The Kennedy/Marshall Company Categoría:Filmes sobre profetas Categoría:Filmes de Sony Pictures Classics Categoría:Filmes ambientados en Viena Categoría:Filmes ambientados en Irán