Francisco Xavier Rodríguez Baixeras, nado en Tarragona en 1945, é un poeta, ensaísta e tradutor galego. É irmán do pintor Rafael Baixeras.

Traxectoria Naceu en Tarragona, onde estaba destinado como militar o seu avó paterno, orixinario de Nois (Foz). O seu pai, galego, era secretario de administración local, exercía na Pobra do Caramiñal, a súa nai era catalá. Por tanto medra políglota en tres idiomas: catalán, castelán e galego. A familia marcha despois a Ribadeo. Alí fai os estudos primarios. En 1957 trasladáronse a Segovia ao ser nomeado o pai secretario da Deputación. En Segovia estuda o bacharelato. Pasa pola Universidade de Valladolid, e despois pola de Madrid, onde se licenciou en Filoloxía Románica.

En Madrid retomou o contacto con Galicia a través das clases que na delegación da UNESCO dirixía Ben-Cho-Shey. Tamén coñeceu a Reimundo Patiño, o último dos Brais Pinto en Madrid. En 1970 trasladouse novamente coa familia á Coruña, onde comezou a impartir clases no instituto Ramón Puga. Ao aprobar as oposicións obtivo praza en Palma, onde viviu tres anos. En 1977 trasladouse a Vigo onde entrou en contacto con escritores e xente da cultura, e comezou a escribir libros en galego e a súa actividade como tradutor. Amigo persoal de poetas e artistas da Movida viguesa dos 80, como Xosé María Álvarez Cáccamo, Fernán Vello ou Ramiro Fonte. Desde 2006, unha vez xubilado como profesor de lingua e literatura do instituto Castelao do Calvario de Vigo, pasou a residir en Salvador de Baía (Brasil) durante catro anos. Reside en Vigo alternando estadías en Nois (Foz) onde cultiva a poesía, ensaio e a tradución. Como tradutor traduciu ao galego a autores italianos, cataláns e de lingua portuguesa ao galego; tamén a autores galegos ao castelán e ao catalán. Participa activamente en recitais poéticos, presentacións, colaboracións literarias e congresos.

Premios

Premio da Crítica española no 1988, por Anos de viaxe. Premio de poesía Miguel González Garcés no 1996, por Visitantes. Premio da Crítica de Galicia de Creación Literaria no 1996, por Nadador. Premio da Crítica Española na modalidade de poesía galega no 1997, por Beira Norte Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria no 2001, por Eclipse. Premio de poesía Afundación VIII (antes Caixanova) 2009 , por Deserto Diamantino. Homenaxe O Escritor na súa Terra da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2007. Premio da XXX edición de Poesía Cidade de Ourense no 2013, por A luz extinta. Premio Ramón Cabanillas de Tradución, da Xunta de Galicia no 1992, por "O deserto dos tártaros" En 2020 gañou o XXVI Premio Nacional de Periodismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro convocado polo Concello de Lalín no marco da Feira do Cocido polo Dicionario da comida galega.

Obra en galego Poesía Fentos no mar (1981, Ediciós do Castro). Lembranza do areal (1985, Caixa Ourense). Anos de viaxe (Poesía 1981-1987) (1987, Xerais), que inclúe a súa obra anterior máis Os celestes faiados e A gándara da noite (da que hai edición bilingüe en 1991). Sonetos do irmán (1991). Visitantes (1991, Deputación da Coruña). Nadador, Premios da Crítica Galicia de creación literaria (1996, Espiral Maior). Beira Norte , Premio da Crítica Española na modalidade de poesía galega (1997, Sotelo Blanco. Edición anterior, máis pequena, de 1996, en Monograma). As augas abandonadas. Las augas abandonadas (1999, Ediciones Trea, Xixón). Antoloxía bilingüe galego-castelán. Eclipse (2001, Espiral Maior). Francesca (2003, Deputación de Pontevedra). O pan da tarde (2006, Galaxia). Edición bilingüe galego-castelá no 2008. Deserto diamantino, VIII Premio Caixa Nova 2009 (2010, PEN Clube de Galicia-Caixanova). Luz extinta (2015, Espiral Maior). O bosque sem saída (2020). Laiovento. 162 páxs. Onde ferve a memoria (2023, colección Dombate, Editorial Galaxia) 102 páxs. Ilustrado por Baldo Ramos.

Ensaio Trece poetas cataláns (1996, Espiral Maior). Diario de comidas (2004, Galaxia). Bos tempos para a lírica. A xeración de 1980 (2009, Espiral Maior). Brasil no centro (2011, Galaxia).

Dicionarios

Dicionario da Comida Galega (2018, Aira/Engaiolarte).    O Dicionário Electrónico e-Estraviz, de Estraviz e Xavier Baixeras (colaborador).

Traducións ao galego

O deserto dos tártaros (Dino Buzzati, 1991, Xerais). Flanagan de luxe (Andreu Martín e Jaume Ribera, 1994, Xerais). Alfagann é Flanagan (Andreu Martín e Jaume Ribera, 1996, Xerais). Os noivos (Alessandro Manzoni, 1996, Galaxia). O Gatopardo (Giuseppe Tomasi di Lampedusa, 2005, Galaxia). O oficio de vivir (Cesare Pavese, 2006). A memoria da árbore (Tina Vallès, 2019)A memoria da árbore, Lecturafilia.com, 23 de abril de 2019.. Crónicas da verdade oculta (Pere Calders, Xabarín, Xerais). O demo nos outeiros (Cesare Pavese, Xerais). O deserto dos tártaros (Dino Buzzati, Xerais). O can que viu a Deus e outros contos (Dino Buzzati, Ed. do Cumio) Así é (se vos parece) ( L. Pirandello, Xerais). Os Noivos (Alessandro Manzoni, Galaxia). Andreu Milà (M. A. Riera. Xerais). Camiño de sirga (Jesús Moncada, Xerais). O violín de Auswitz (Àngels Anglada, Xerais). Antoloxía da poesía mallorquina (Espiral Maior). Antoloxía (Josep Mª Llompart, Espiral Maior). Antoloxía (Blai Bonet, Espiral Maior). Antoloxía (B. Rossellò Porcel, Espiral Maior). Antoloxía (Marià Villangómez Espiral Maior). Antoloxía (Miguel Costa i Llobera, Espiral Maior). Antoloxía (Joan Alcover, Espiral Maior).                       Marido e outros contos (Lídia Jorge, Xerais). Montedemo (Hélia Correia, Xerais). Preludio (Antoni Marí, Kalandraka).              

Edicións críticas Cantares gallegos, de Rosalía de Castro (1990, Xerais). O divino sainete, de Manuel Curros Enríquez (1999, Xerais). Obra poética completa, de Xosé Mª Álvarez Blázquez. (2004, Xerais)

Obras colectivas III Festival da Poesía no Condado (1983, S. C. D. Condado). IV Festival da Poesía no Condado (1984, S. C. D. Condado). Escolma de poesía galega (1976-1984) (1984, Sotelo Blanco). V Festival da Poesía no Condado (1985, S. C. D. Condado). VII Festival da Poesía no Condado (1987, S. C. D. Condado). VIII Festival da Poesía no Condado. Escolma Poética (1988, S. C. D. Condado). Sede central. 1 (1988, Clube Cultural Adiante). IX Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1989, S. C. D. Condado). Sis poetes gallecs (1990, Editorial Columna). Edición bilingüe galego-catalán. XI Festival da Poesía no Condado (1991, S. C. D. Condado). XIV Festival da Poesía no Condado (1994, S. C. D. Condado). Los caminos de la voz: seis poetas gallegos de hoy (1995. Deputación de Granada). Edición bilingüe galego-castelán, a cargo de Luciano Rodríguez Gómez. Construír a paz (1996, Xerais). Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996, Xerais). Manuel María (2001, Ophiusa). Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I) (2001, Consello da Cultura Galega). Galicia: nai e señora (2002, Nigra). Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000 (2003, Tris Tram). Por Arturo Casas. Carlos Casares. A semente aquecida da palabra (2003, Consello da Cultura Galega). Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2003, Fundación Araguaney). Son de poesía (2005, Edições Fluviais, Lisboa). Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000 (2008, Universidade da Coruña). Cociñando ao pé da letra (2011, Galaxia). Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña. Preludios para Miguel Anxo Fernán-Vello (2011, Laiovento). Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega (2013, Toxosoutos).

Obra en castelán Poesía La ciudad sumergida (1971, Salamanca). Premio de Poesía El Álamo 1971.

Traducións ao castelán Debacle, de Camilo Gonsar (2003, Trea, Xixón). En el país de las lágrimas, J. Viale Moutinho. Ed. Xerais. Bretaña Esmeraldina, X. L. Méndez Ferrín, Ed. Xerais. Arnoia, Arnoia, X. L. Méndez Ferrín, Ed. Anaya. Amor de Artur, X. L. Méndez Ferrín (en col.) Ed. Debate. Danina y Lalila, J. Cardoso Pires, Alianza ed. Lisboa. Diario de abordo, J. Cardoso Pires, Alianza ed. Un juego de apócrifos, X. C. Caneiro. Ed. Espasa Calpe. La rosa de Borges, X. C. Caneiro. Ed. Espasa Calpe. Una abeja en la lluvia, Carlos de Oliveira. Ed. KRK.  Finisterra, Carlos de Oliveira. Ed. KRK. Diario de una expedición, Euclides da Cunha, Ed. KRK.  Adiós norte, Ramiro Fonte, Ed. Renacimiento. Capitán invierno, Ramiro Fonte, Ed. Pre-textos. La gándara de la noche, Xavier Rodríguez Baixeras, Ed Libertarias. Mar al norte, Álvaro Cunqueiro, Ed. Alento.

Obra en catalán

Traducións ao catalán

Bretanya Esmeraldina, X. L. Méndez Ferrín, Laia. La llum dels esgarriats, Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Abella. Sis poetes gallecs, colaboración con Àlex Susanna. Ed. Columna, Barcelona 1990.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas na Biblioteca Virtual Galega. Galiza: Berço da Lusofonia, páxina 122 nomea a Xavier Rodriguez Baixeras como colaborador do dicionario en liña Estaviz. http://palavracomum.com/wp-content/uploads/2016/11/Arcosonline-galiza-berco-da-lusofonia.pdf

Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Nados en Tarragona Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en 1945 Categoría:Galegos de Cataluña Categoría:Tradutores ao castelán Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Escritores en lingua galega