O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) é un centro de cálculo de altas prestacións radicado en Galicia. Proporciona servizos de cálculo e comunicacións ás comunidades investigadoras galegas, ao CSIC e a calquera empresa ou institución que o solicite.
Finalidade e características Entre as súas instalacións conta co supercomputador FinisTerrae III. O equipo foi instalado no ano 2021 e posto en produción no ano 2022. É un equipo Bull ATOS bullx distribuído en 13 racks ou armarios e que ten 354 nodos de computación, 22.656 cores Intel Xeon Ice Lake 8352Y, 128 GPUs Nvidia A100 e 16 Nvidia T4, 118 TB de memoria e 5.000 TB de almacenamento de altas prestacións Lustre. Todos os nodos están interconectados mediante unha rede de baixa latencia Mellanox Infiniband HDR. A capacidade de cómputo pico do equipo é de 4 PetaFlops. Esta máquina sustitúe as precendentes Finisterrae I e II.
Xunto con outras infraestruturas avanzadas están destinadas a incrementar a capacidade investigadora e tecnolóxica da comunidade científica e da industria. Pola súa singularidade no conxunto do Estado Español, recoñécese como infraestrutura científica tecnolóxica singular de España (ICTS) dende 2009. As infraestruturas máis significativas están destinadas a proporcionar grandes potencias de cálculo computacional en contornas científicas tecnolóxicas por medio de diferentes arquitecturas, así como as redes avanzadas de comunicacións que permiten á comunidade científica tecnolóxica galega acceder ás redes académicas-científicas nacionais e internacionais por medio de grandes anchos de banda. Existen tamén outras infraestruturas relacionadas coas tecnoloxías da información que proporcionan unha gran variedade de servizos complementarios á Comunidade Científica Galega, sistema académico universitario e do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC).
Historia e misión O CESGA foi inaugurado en maio de 1993, aínda que o seu inicio data de dous anos antes, mediante a firma en 1991 dun convenio entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o CSIC para a creación do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) baixo a figura xurídica de Sociedade Anónima de Xestión.
Dende o ano 2012 o CESGA constituíuse exclusivamente como Fundación Pública Galega, coa denominación Fundación Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA), e extinguindo a anterior Sociedade Anónima de Xestión Centro de Supercomputación de Galicia (SAX CESGA).
A Fundación CESGA é unha institución pública sen ánimo de lucro na que os seus patróns pertencen á Xunta de Galicia (70% do capital) e mais ó CSIC (30% do capital). O CESGA naceu do compromiso da Xunta de Galicia de promover servizos comúns de apoio ás tarefas de investigación, e por outra banda, do interese do CSIC de promover en Galicia un contorno de traballo na área do cálculo intensivo, comunicacións e servizos avanzados na sociedade da información e o coñecemento.
A Fundación CESGA ten como misión contribuír ao avance da Ciencia e a Técnica, mediante a investigación e aplicación de computación e comunicacións de altas prestacións, así como outros recursos das tecnoloxías da información, en colaboración con outras institucións, para o beneficio da Sociedade.
Evolución do equipamento miniatura|Nodos HP-SFS sistema de almacenamento. En 1993 inaugurase o CESGA. Contaba cun superordenador vectorial Fujitsu VP 2400 e unha rede de comunicacións coas universidades galegas e os centros do CSIC aveciñados en Galicia de baixa capacidade de acceso.
En 1998 substitúese o Fijitsu VP 2400 por dous novos supercomputadores. Fujitsu VPP300E, un supercomputador vectorial cunha arquitectura de multiprocesador en paralelo; constaba de 6 procesadores, unha memoria 12 GB, unha rede de interconexión entre nodos que podía alcanzar velocidades de 1230MB/s e pode almacenar 560GB de información. Con todo isto conseguíase un rendemento de 14.4GFLOPS Fujitsu AP3000, un supercomputador escalar paralelo con memoria distribuída. Estaba composto por 20 procesadores, 2.5 GB de memoria principal e unha capacidade de almacenamento de 67.2 GB; os nodos conéctanse mediante dous sockets Torus 2D, cada un pode transmitir a 200MB/s. Conseguíanse rendementos de 12GFLOPs
Durante o ano 1999 ponse en produción un novo supercomputador de altas prestacións, o Sun Microsystems HPC (High Performance Computing) 4500. Este novo computador alcanzaba rendementos de 9.6 GFLOPS estaba organizado nunha arquitectura de memoria compartida (SMP) e organizábase en 12 procesadores a 400 MHz cada un, 4 GB de memoria principal e 36GB de almacenamento
O Superordenador Virtual Galego (SVG) nace no ano 2001 sendo un conxunto heteroxéneo de servidores. Componse de: 18 servidores que proporcionan 36 procesadores Pentium III a velocidades que oscilan entre os 550-800 MHz, con memoria principal de 512 a 1GB, cun disco por cada nodo de 40GB e unha rede de interconexión entre nodos FastEthernet de 100Mbit/s. 40 servidores de dobre procesador Quad-Core (catro cores por procesador) Intel Xeon a 1.6GHZ e 2.66 GHz con capacidade de almacenamento de 72GB mediante tecnoloxía SAS, a memoria principal varía de entre 4 a 8GB e unha rede de interconexión GigabitEthernet. 2 servidores Pentium Xeon64 a 3.2 e 3 GHz. 1 servidor con dous procesadores AMD Opteron a 1.8 GHz cunha memoria de 4GB e memoria de almacenamento con tecnoloxía SATA con capacidade de 160GB.
O supercomputador HPC320 implantase en 2002, componse de 8 servidores que proporcionan 32 CPUs a 1 GHz, a memoria principal total do sistema ascende a 80GB distribuído en nodos de 8 e 16GB. Este clúster proporciona unha rede de interconexión de baixa latencia mediante unha rede memoria Memory Channel II e alto ancho de banda. A capacidade de almacenamento total é de 2TB. O máximo rendemento obtido probando o venchmark Linpack foi de 45GFlops.
No ano 2003 adquírese o Superdome, un superordenador formado por dous servidores que proporcionan 64 procesadores Intel Itanium2 a 1.5GB e unha memoria principal de 384 GB, o sistema de almacenamento está composto de 128 discos SCSI que gardan un total de 4.6TB de información. Aplicando o benchmark anterior conseguiu un rendemento de 642GFLOP o que logrou situalo no posto 227 do TOP500 no ano 2003
O Finisterrae é un sistema de integrado por 144 de memoria compartida cunha arquitectura SMP adquirido en 2007. A distribución dos nodos é a seguinte: 142 nodos con 16 núcleos Itanium Montvale e 128 GB de memoria por cada un. 1 nodo con 128 núcleos Itanium Montvale e 1 TB de memoria. 1 nodo con 128 núcleos Itanium 2 e 384 GB de memoria.
Dispón dunha rede Infiniband 4x DDR a unha velocidade 20Gbps que da soporte a interconexión entre nodos e unha rede externa de 10 Gbps. O Finisterrae rompe coa barreira do TeraFLOP alcanzando os 20TFLOPS, acadando a principios do 2008 o posto 100 no TOP500
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas CESGA
Categoría:Informática Categoría:Xunta de Galicia Categoría:Administracións públicas de Galicia Categoría:Institutos e centros de investigación de Galicia