dereita|miniatura|230px|Murray Gell-Mann na Universidade Harvard. Murray Gell-Mann, nado en Nova York o 15 de setembro de 1929 e finado en Santa Fe o 24 de maio de 2019, foi un físico estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1969.
Traxectoria Licenciado en física pola Universidade Yale e no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, en 1955 comezou como profesor universitario na Universidade de California onde ocupou desde 1967 a cátedra de física teórica.
Investigacións científicas Desde 1950 interesouse na investigación sobre as partículas elementais, recentemente descubertas e denominadas caón e hiperión.A súa clasificación permitiu nomear un novo número cuántico. As súas investigacións, primeiro con Abraham Pais e posteriormente con Kazuhiko Nishijima, permitiron a introdución dunha nova partícula, o hadrón, partícula que descubriu á vez o físico israelí Yuval Ne'emal. A teoría de Gell-Mann achegou orde ao caos ao descubrir preto de 100 partículas no interior do núcleo atómico. Estas partículas, ademais dos protóns e neutróns, estaban formadas por outras partículas elementais denominadas quarks. Estes quarks mantéñense unidos grazas ao intercambio de gluons.
En 1964 ingresou na NASA e postulou o modelo do quark, un modelo que tamén postulou independentemente George Zweig. A teoría moderna das interaccións dos quarks denomínase Cromodinámica cuántica, baseada basicamente sobre o traballo de Gell-Mann.
En 1969 outorgóuselle o Premio Nobel de Física polas súas contribucións e descubrimentos na clasificación de partículas elementais e as súas interaccións. Xunto a Richard Feynman, rivalizando con George Sudarshan e Robert Marshak, foi o primeiro en atopar a estrutura da forza nuclear débil en física. Este traballo seguiu co descubrimento inicial da violación da paridade de Chien-Shiung Wu, segundo as ideas suxeridas polos físicos Chen Ning Yang e Tsung-Dao Lee.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Física 1969 .
Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 2019 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Alumnos da Universidade Yale Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América