Sir Walter Norman Haworth, nado o 19 de marzo de 1883 en Chorley, Lancashire, (Inglaterra) e finado o 19 de marzo de 1950 en Barnt Green, Worcestershire, (Inglaterra) foi un químico e profesor universitario británico galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1937.

Traxectoria Decidiu asistir á universidade e estudar química logo de traballar durante algún tempo na factoría de linóleo do seu pai e en contra da vontade dos seus pais. En 1903 entrou na Universidade de Manchester, onde se graduó con honras en 1906. Tras tres anos de traballo de investigación, obtivo unha bolsa e acudiu á Universidade de Göttingen, onde se doutorou en 1910.

Entre 1920 e 1925 foi lector de química na Universidade de St Andrews e entre 1920 e 1925, profesor de química orgánica na Universidade de Durham. Dirixiu, a partir de 1925, o departamento de química da Universidade de Birmingham.

Entre 1944 e 1946 foi presidente da Sociedade Británica de Química, e vicepresidente da Royal Society de Londres entre 1947 e 1948.

En 1947 foi nobrado cabaleiro do Imperio Británico (sir) polo rei Xurxo VI do Reino Unido polas súas investigacións acerca da obtención de enerxía nuclear.

Investigacións científicas As súas primeiras investigacións trataron sobre a estrutura dos terpenos, conseguindo sintetizar o silvestreno en 1912. A partir de 1915 comezou a investigar a estrutura dos hidratos de carbono dos polisacáridos. En 1933 conseguiu determinar a estrutura química da vitamina C, denominando ácido ascórbico ao produto sintético que identificou con esta vitamina.

En 1937 foi galardoado co premio Nobel de Química, compartido con Paul Karrer, "polas súas investigacións sobre os hidratos de carbono e a vitamina C".

A súa principal obra foi The Constitution of Sugars (1929). Véxase tamén Premio Nobel de Química

Ligazóns externas Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1937 Biografía na páxina do Instituto Nobel Perfil de Walter Norman Haworth en NNDB

Categoría:Químicos do Reino Unido Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Medalla Davy Categoría:Nados en Lancashire Categoría:Nados en 1883 Categoría:Finados en 1950 Categoría:Premios Nobel do Reino Unido Categoría:Membros da Royal Society