Xenia Aleksandrovna de Rusia, en ruso: (Ксения Александровна Романова), nada en San Petersburgo o 6 de abril de 1875 e finada en Londres o 20 de abril de 1960, foi a cuarta filla do tsar Alexandre III de Rusia e a súa esposa María Feodorovna. Foi unha das irmás do último tsar de Rusia, Nicolao II.

Traxectoria Nacemento e familia miniatura|esquerda|200px|Xenia, nos brazos do seu pai Alexandre III de Rusia, xunto ao resto da súa familia. A Gran Duquesa Xenia naceu ás catro da mañá do no Palacio de Anichkov de San Petersburgo. O seu avó paterno, o tsar Alexandre II de Rusia quedou encantado co nacemento da súa nova neta, tal e como demostran as palabras do seu manifesto anunciando o nacemento:

Xenia foi bautizada no día do aniversario do seu avó, o na capela do Palacio de Inverno. A pequena Gran Duquesa utilizou un vestido de algodón feito pola súa nai. Tiña un babeiro removible co símbolo da dinastía Romanov bordado e unha coroa imperial. Os seus padriños foron a súa avoa paterna, a tsarina María de Hesse, o seu avó materno Cristián IX de Dinamarca, o Gran Duque Vladimir Aleksandrovich e a princesa Tira de Dinamarca.

A tia de Xenia, a Princesa de Gales (máis tarde raíña Alexandra do Reino Unido) escribiulle a súa irmá, a nai de Xenia:

Alexandra mantivo sempre un grande interese pola súa sobriña Xenia, xa que esta naceu o mesmo día que o seu fillo, o príncipe Alexandre Xoán do Reino Unido, quen morreu 24 horas despois. A proba disto está na gran cantidade de agasallos que lle enviaba desde Inglaterra.

Infancia miniatura|dereita|200px|Xenia (segunda da esquerda entre os seus irmáns Xurxo e Nicolao) coa súa familia Xenia tiña dous irmáns máis vellos, o futuro tsar Nicolao e o Gran Duque Xurxo, e dous máis novos, o Gran Duque Miguel (en que Nicolao abdicou o trono) e a Gran Duquesa Olga. Xenia e os seus irmáns criáronse dun xeito sinxelo no seu Palacio de Gatchina.

En febreiro de 1880, un grupo de niilistas conseguiu entrar no Palacio de Inverno e colocaron unha bomba no comedor da familia. A bomba explotou e causou grandes danos. Porén, a familia atrasou a hora de xantar e ninguén resultou ferido. O pai de Xenia, enviouna a ela e aos seus irmáns inmediatamente ao Palacio de Ielagin onde estarían máis seguros. A nai de Xenia escribiu:

Traxicamente, o día , cando Xenia contaba con 6 anos, foi testemuña da morte do seu avó Alexandre II que foi asasinado por unha bomba que fixo estoupar a súa carruaxe. O seu pai ascendeu ao trono tornándose no tsar Alexandre III de Rusia.

O novo tsar non perdeu tempo e mudou a toda a familia do perigo de San Petersburgo á seguridade do Palacio de Gatchina, un gran palacio con torres, muros altos e alta seguridade a 48 quilómetros da capital. Antes de converterse na residencia de Alexandre III e a súa familia, pertencera a Paulo I. O cuarto de Xenia era simple, tal e como os dos seus irmáns, e tamén ela durmía nun catre militar.

Xenia, como os seus irmáns, recibiu unha boa educación de titores privados con especial atención na aprendizaxe de linguas estranxeiras. Ademais do ruso nativo, Xenia aprendeu inglés, francés e alemán.

Xenia, como o resto da familia, desfrutaba das viaxes do verán fora da prisión de Rusia, no país natal da súa nai, Dinamarca. Foi nunha destas visitas na que coñeceu a unha das súas máis íntimas amigas, a princesa María de Grecia e Dinamarca, filla de Xurxo I de Grecia, quen máis tarde casaría co Gran Duque Xurxo Mikhailovich.

Adolescencia e ameazas terroristas miniatura|dereita|200px|Xenia coa súa nai María Feodorvna no Palacio de Anichkov miniatura|dereita|200px|O tren imperial descarrilado en Borki. En 1884, o Gran Duque Lois IV de Hesse fixo unha visita a Peterhof xunto a súa familia para a voda da súa segunda filla, Ella, co tío de Xenia, o Gran Duque Sergei. Foi a primeira vez que Xenia viu á que sería a súa futura cuñada Alix de Hesse, que por aquel entón tiña 12 anos de idade.

Xenia e a súa familia vivían en constante perigo de morte a mans dos terroristas. En 1887, cando a familia estaba preto de entrar nun convoi para facer a viaxe de regreso a Gatchina desde San Petersburgo, o seu pai foi informado de que varios estudantes foran detidos por levar libros que contiñan bombas e que tiñan como obxectivo atacar á Familia Imperial. Un dos cinco terroristas aforcados por mor desta tentativa de asasinato foi Alexandre Ilich Ulianov, imán de Vladimir Lenin.

O , a familia viaxaba desde o Cáucaso cando, de repente, o tren no viaxaban descarrilou en Borki, provocando un aparatoso accidente. Xenia foi a primeira en saír dos restos do tren. O seu pai conseguira manter o teito do vagón o suficientemente alto para que todos conseguisen escapar dos restos. A pesar de que o accidente foi atribuído a problemas técnicos, nunca chegou a excluírse a posibilidade de que unha bomba fora a causa do accidente.

Matrimonio e fillos miniatura|esquerda|150px|O Gran Duque Alexandre, esposo de Xenia Xenia e o seu curmán, o Gran Duque Alexandre Mikhailovich, xogaron xuntos desde a infancia e a súa relación comezou sendo de amizade. Cando chegou á adolescencia, Xenia namorouse do seu primo nove anos maior ca ela e grande amigo do seu irmán Nicolao.

A voda tivo lugar o en Peterhof e tivo como froito sete fillos: miniatura|dereita|250px|Xenia co seu marido Alexandre e seis dos seus sete fillos Irina Aleksandrovna de Rusia (1895 – 1970) Andrés Aleksandrovich de Rusia (1897-1981) Teodoro Aleksandrovich de Rusia (1898-1968) Nikita Aleksandrovich de Rusia (1900-1974) Demetrio Aleksandrovich de Rusia (1901-1980) Rostislav Aleksandrovich de Rusia (1902-1978) Vasil Aleksandrovich de Rusia (1907-1989)

Problemas no matrimonio A atracción amorosa entre Xenia e Alexandre non durou moito. Durante o último embarazo de Xenia en 1907, Alexandre mantivo unha relación cunha muller identificada como María Ivanovna mentres estaban no sur de Francia.Zeepvat, Charlotte, The Camera and the Tsars: A Romanov Family Album, Sutton Publishing Ltd., 2004, p. 38 Un ano despois, Xenia tamén comezou unha relación cun home inglés a quen chamaba Fane e ao quen se refería nos seus diarios cun F. Mantiveron correspondencia até o comezo da primeira guerra mundial.Andrei Maylunas e Sergei Mironenko, A Lifelong Passion: Nicholas and Alexandra: Their Own Story, Doubleday, 1997, pp. 312-313

Despois de que Alexandre e Xenia admitiran os feitos un ao outro, o seu matrimonio entrou en crise. Comezaron a durmir en habitacións separadas e a levar vidas diferentes.

Antes da Revolución Rusa de 1917, Alexandre estaba desencantado co rumbo que estaba tomando Rusia e coa vida na Corte. Tanto el como Xenia pasaban a maior parte do seu tempo fora do país, mais ambos regresaron antes do inicio da primeira guerra mundial. Trala revolución, separáronse e lograron escapar de Rusia.

Revolución e fuga de Rusia O , escribiu no seu diario:

O escribiu:

Cando o exército vermello estaba cada vez máis preto de Crimea, Xenia e a súa nai conseguiron escapar de Rusia o 11 de abril de 1919 coa axuda da raíña Alexandra do Reino Unido. O rei Xurxo V do Reino Unido enviou un buque de guerra o HMS Marlborough a rescatalas a elas e a outros membros da familia Romanov, para levalos a Inglaterra. Foi durante esta viaxe na que Xenia decatouse da morte do seu irmán Nicolao xunto á súa familia e a desaparición do seu irmán Miguel.

Xenia permaneceu no Reino Unido, mentres que a súa nai e irmá Olga, que se unira a elas máis tarde, partiron a Dinamarca.

O exilio Xenia visitaba a súa nai en Dinamarca sempre que podía, onde esta vivía coa súa irmá a raíña Alexandra, nunha vila situada na costa norte de Copenhaguen.

O 26 de febreiro de 1933, morre o seu marido Alexandre,Van der Kiste and Hall, p.184 de quen vivía separada morreu no sur de Francia, e tanto ela como os seus fillos acudiron á cerimonia en Roquebrune-Cap-Martin.

O 20 de abril de 1960, a Gran Duquesa Xenia finou na súa casa en Inglaterra e está soterrada no mesmo cemiterio que o seu marido.

Devanceiros Devanceiros de Xenia Aleksandrovna de Rusia

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Sergei Witte, The memoirs of Count Witte, M.E. Sharpe,‎ 1990 (ISBN 978-0-87332-571-4) Outros artigos Alexandre Mikhailovich de Rusia Irina Aleksandrovna de Rusia Nicolao II de Rusia

Categoría:Imperio Ruso Categoría:Nados en 1875 Categoría:Finados en 1960 Categoría:Dinastía Romanov Categoría:Nados en San Petersburgo