thumb|Victoriano Sánchez Barcáiztegui (Museo Naval de Madrid). Victoriano Sánchez Barcáiztegui, nado en Ferrol o 23 de abril de 1826 e finado no mar Cantábrico o 26 de maio de 1875, foi un militar galego.
Ingresa na Armada aos 15 anos e despois de navegar en diferentes buques é nomeado Comandante da Estación Norte de Río de la Plata en 1864. Polos méritos alcanzados no heroico combate do Callao é ascendido a Capitán de Navío de primeira clase en 1868. Posteriormente é o primeiro director da Escola Naval de Ferrol e Comandante Xeral do Arsenal.
Como Comandante Xeral da Escuadra do Norte no Cantábrico dirixe as operacións a bordo do Colón onde cae morto alcanzado pola metralla o 26 de maio de 1875. Os seus restos foron trasladados ao Panteón de Marinos Ilustres en San Fernando.
Recoñecementos Un destrutor da Armada Española levou o nome Sánchez Barcáiztegui. Foi botado en 1926 e dado de baixa en 1964. Durante a guerra civil permaneceu baixo o mando republicano.
Unha rúa de Ferrol, localizada no barrio da Magdalena, leva o seu nome.
Véxase tamén
Ligazóns externas Victoriano Sánchez Barcáiztegui en Ferrolterra Country
Categoría:Militares de Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1826 Categoría:Finados en 1875 Categoría:Mortos en combate