Juan Corzo Príncipe, nado en Madrid en 1873 e finado en 1941, foi un mestre de xadrez cubano, campión nacional de Cuba inmediatamente antes de José Raúl Capablanca.
Traxectoria Corzo emigrou a Cuba en 1887. Estudou teoría do xadrez do mestre Pichardo e converteuse en campión do Club de Xadrez da Habana. Dotado de notable talento táctico, a súa derrota fronte a Capablanca (+4 -3 =6 ) en 1901 marcou o comezo da meteórica carreira do que logo sería campión mundial, cando Capablanca só tiña 13 anos.
Xunto con el fundou a Federación Nacional de Xadrez de Cuba, e foi durante moitos anos editor da revista de xadrez de Capablanca.
Corzo Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1873 Categoría:Finados en 1941 Categoría:Xadrecistas do século XX Categoría:Xadrecistas do século XIX