Eugene Delmar, nado en Nova York o 12 de setembro de 1841 e finado na mesma cidade o 22 de febreiro de 1909, foi un campión estadounidense de xadrez.
Traxectoria Gañou o campionato do Club de Xadrez de Brooklyn de 1874. En 1879 derrotou a Sam Loyd en Nova York (+5 -1 =2). En 1885 gañou o campionato do Club de Xadrez de Manhattan, triunfo que repetiu ao ano seguinte. En 1888 derrotou a Samuel Lipschutz nun match xogado en Nova York (+5 -3 =0). Nos anos 1890, 1891, 1895 e 1897 gañou o campionato da Asociación de Xadrez do Estado de Nova York.
Xa sexaxenario, obtivo o último lugar en Cambridge Springs en 1904 (+3 -9 =3), aínda que se deu o luxo de empatar ou ata vencer a grandes xogadores como Carl Schlechter e Jacques Mieses. Pouco despois foi derrotado polo entón adolescente José Raúl Capablanca, debutante no terreo internacional.
Por máis de cincuenta anos foi un dos líderes nas clasificacións xadrecísticas estadounidenses.
Véxase tamén Ligazóns externas Algunhas partidas de Eugene Delmar
Categoría:Xadrecistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1841 Categoría:Finados en 1909 Categoría:Xadrecistas do século XIX