Jannis Kounellis, nado no Pireo o 23 de marzo de 1936, é un artista grego de arte povera.

Traxectoria Estudou na Academia de Belas Artes de Roma. En 1963 comezou a utilizar materiais orgánicos e inorgánicos nas súas obras, como animais vivos, lume, terra, tea de saco e ouro. Cambiou o marco dos cadros por marcos de camas, portas, fiestras e utilizou as galerías de arte como marco para a súa obra. En 1967 Kounellis uniuse á Arte povera de Germano Celant. En 1969 fixo unha exposición con cabalos auténticos na galería l’Attico de Roma. Gradualmente, Kounellis introduciu novos materiais nas súas instalacións (fume, carbón, carne etc.) e substituíu o contorno da galería de arte por lugares históricos (principalmente industriais).

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Biografía no Museo Guggenheim (en inglés) Kounellis na Artcyclopedia(en inglés)

Categoría:Artistas de Grecia Categoría:Nados en 1936