Cando petan na porta pola noite é un libro de Xabier P. Docampo.Ficha do libro na páxina de Xerais Editouse por vez primeira en 1994, ano no que acadou o Premio Rañolas, e reeditouse varias veces, a última delas en febreiro do 2005.
Argumento
O libro divídese en catro relatos; "O espello do viaxeiro", "O fornadas", "A loba" e "O cumpremortes". Cada un destes relatos conta historias diferentes, que o fin ó cabo, demostran principios ou traen algunha ensinanza agochada.
"O espello do viaxeiro" miniatura|Xabier P. DoCampo. Un viaxeiro que anda perdido pola noite encontra unha casa e pídelle ó dono da casa acubillo.
A sorpresa do viaxeiro dáse cando ve que o seu hospedeiro é igual a el excepto nunha cousa: faltáballe a pálpebra do ollo esquerdo.
Esa noite os dous homes falan e beben viño ata o punto de poñerse violentos, o viaxeiro ataca o hospedeiro e este defendese cun ferro ó roxo vivo, o hospedeiro dálle na pálpebra e o viaxeiro queda sen ela.
O viaxeiro, ó ver que agora xa eran iguais, pensou que o hospedeiro fixérao premeditadamente e deulle morte, despois soterrouno e ese mesmo día chegaron a muller e o fillo do hospedeiro que o tomaron por el. Así pois, a condena do viaxeiro foi vivir a vida do hospedeiro para o resto dos días.
"O Fornadas" Nunha aldea vivía unha vella que era o demo en persoa.
Os veciños xa estaban fartos dela, e un día uns mozos decidiron darlle unha malleira para que aprendese. O caso é que mallaron na vella ata cansar e cando xa o deran por feito, o rabo do machado suxeitado polo Teixo caeu na fronte da vella e o sangue empezou a escorrer pola súa faciana.
Como ningún dos mozos estaba disposto a confesar, levárona a un forno en desuso e prendéronlle lume, os mozos quedaron ollando como a vella ardía e de súpeto a vella ergueuse e quedou ollando para os mozos, os mozos empezaron a correr e a vella ergueu o brazo e quedou sinalando o Teixo.
Os mozos deron o tema por finalizado e volveron cada un para a súa casa, pero ós catro días os gardas chegaron e empezaron a facer preguntas. Como era ben sabido que os mozos foran mallar na vella, foron presos e cando chegou o xuízo foi o Teixo o que apandou. Estivo dous ou tres anos na cadea e cando saíu deu por pagada a súa débeda coa sociedade.
Un día estaba o Teixo nun campo e empezoulle a contar a súa historia a un home. O que pasaba era que o Fornadas, que así o chamaban agora, era vítima da vella dende o inferno. A vella aparecíalle cada noite e por algunha forma estraña collíalle un órgano do corpo e comíao fitando para el, ata que o deixou baleiro e morreu. Cando lle fixeron a autopsia no tiña nin un só órgano.
"A loba" Había un rapaz moi xeitoso chamado Silvestre, e moi botado a mocear con moitas rapazas á vez. Un día ía camiñando e tivo que pedir acubillo na casa dos de Revoldás, que tiñan unha filla moi xeitosa chamada Isaura. O rapaz rapidamente empezou a mocear con ela e a Isaura quedou en estado. O Silvestre mesmo lle dou palabra de casar con ela, pero un día alá marcharon os dous á Coruña pola mañá e volveron pola noite.
Desde aquela nada máis se soubo de Silvestre por Revoldás. Pouco despois sóubose que casaba con outra pola Candeloria; o día da voda a Isaura tivo os folgos para baixar e dicirlle o Silvestre: débesme un fillo, ti veras como mo pagas. Pasados uns días a Isaura apareceu aforcada nunha árbore, ditouse de suicidio e por iso non a enterraron no camposanto de parroquia. Un tempo despois a muller do Silvestre tivo un fillo. Un día pola noite baixou á casa do Silvestre unha manda de lobos encabezados por unha loba moi fera cos ollos da cor do lume, e que ninguén fora capaz de pillar. Os homes foran todos a buscar os lobos e na casa só estaban a muller do Silvestre e o fillo; a loba entrou na casa, colleu o fillo coa boca e marchou ata un palleiro, escondeu o rapaz detrás da palla e púxose en fronte da porta. Cando o Silvestre chegou ó palleiro e viu a loba soa, prendeulle lume á palla.
Cando a muller chegou e contoulle o ocorrido, o Silvestre entrou para salvar o seu fillo. Cando deron apagado o lume, encontráronse tres corpos: o da loba, o do Silvestre e o do fillo.
"O cumpremortes" Un home recibe unha carta de loito que di que vai morrer ese día, pero sen indicar inicialmente o ano. En cartas sucesivas descobre tamén o ano. O home, despois de cavilar, pensou que tiñan que vir da morte, e mudouse. Vagando pola cidade chegou o día e o ano en que presuntamente ía morrer. Tras sentar nun banco, unha muller preguntoulle a hora, el díxolle que non tiña reloxo, ao que ela respondeu que xa pasaban das doce da noite. O home, sen entender nada, dixo: "ó final foi unha broma", pero a muller, que confesou ser a autora desas cartas, díxolle que non, mais que el se librara da morte por intentar loitar contra o seu destino.
Traducións Ao catalán por Mireia Alegre co título de Quan de nit truquen a la porta publicado en 1996 pola Editorial Barcanova, Col. Antaviana jove. Ao castelán por Rafael Chacón Calvar co título de Cuando de noche llaman a la puerta publicado en 1996 por Editorial Anaya. Ao éuscaro por Koldo Izaguirre Urreaga co título de Gauez ate joka datozenean publicado en 1996 por Elkar, Col. Branka. Ao portugués por Isabel Ramalhete co título de Quando batem à porta pela noite publicado en 2003 por Ámbar, Col Fóra de série
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do libro na páxina de Xerais
Categoría:Obras literarias de 2005 Categoría:Novelas en galego Categoría:Xabier P. DoCampo Categoría:Edicións Xerais de Galicia