Juan Antonio Graíño Amarelle, nado en Ponteceso o 14 de xuño de 1921 e finado en Madrid o 22 de decembro de 1978, foi un político e empresario galego.

Traxectoria Cursou os estudos de bacharelato no colexio Apostol Santiago de Vigo. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1945. Foi empresario agrícola e presidente da Cámara Sindical Agraria da Coruña desde 1971, vicepresidente da Asociación de Gandeiros da Coruña e presidente de Agrupor (Asociación de Propietarios de Montes). Militante do Partido Gallego Independiente, nas Eleccións Xerais de 1977 acadou a acta de senador pola provincia da Coruña nas listas da UCD. En 1978 foi nomeado conselleiro de agricultura da Xunta de Galicia provisoria, aínda que morre algo despois en accidente de tráfico.

Véxase tamén Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Ligazóns externas Ficha no Senado Noticia do seu falecemento en ABC

Categoría:Senadores pola Coruña Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Nados en Ponteceso Categoría:Políticos de UCD Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 1978 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela