Emilio Mac Gregor, nado en Cidade de México en 1962 e finado na Coruña o 16 de febreiro de 2008, foi un director de cine e televisión galego.
Traxectoria Neto de galegos de Lugo e de escoceses, fillo do actor e director mexicano Eduardo Mac Gregor e dunha exiliada republicana galega, Emilio Mac Gregor naceu en México pero aos dez anos viaxou a Madrid, seguindo o traballo de seu pai. Despois dun ano nos Países Baixos, 1973, regresou á capital de España, onde logo de estudar filosofía tomou contacto co mundo do cine. Volveu a México como consecuencia do tremor de terra de México, e nos anos oitenta marchou de novo a España para comezar a traballar en televisión, como técnico no programa Lo + Plus da recentemente creada cadea Canal +.
En 1999 veu a Galicia a traballar como realizador da serie Mareas vivas. Seguiu na produción da serie ata o ano 2002. Tamén dirixiu outros produtos para a Televisión de Galicia, así como diversos documentais e curtametraxes.
Filmografía E punto! (2005), curtametraxe dentro de Hai que botalos! O que dis que din (2003), documental La luz que me ilumina (1999)
Ficción para televisión Mareas vivas (2000-2002) Terra de Miranda (2001)
Televisión El tercer tiempo (Canal+) El día después (Canal+) Lo más + (Canal+)
Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Galegos de México Categoría:Nados na Cidade de México Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en 1962 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Personalidades sen imaxes