O Club Esportiu Mediterrani é unha asociación deportiva da cidade de Barcelona, especialmente destacada na natación e o wáter-polo.

Historia O Club Esportiu Mediterrani fundouse o 3 de xullo de 1931 por un grupo de amantes do wáter-polo que habitualmente frecuentaban a praia da Barceloneta e a piscina La Deliciosa, do mesmo barrio. No ano 1943, unha profunda crise levou á escisión dunha parte dos xogadores do club provocando a fundación do Club Natació Montjuïc.

Entre o numerosos éxitos deportivos na historia do equipo destaca o terceiro posto do equipo feminino de wáter-polo na Copa LEN no 2002.

Xogadores destacados Jordi Sans Daniel Ballart Ricardo Sánchez Núria Castelló Rubén Michavila Eduard Lorente Jorge Pérez Milan Cipov Peter Nizny Mariona Ribera Anna Pardo Belén Sánchez Elisabet Fuentes Ana Ramírez

Presidentes Martí Planas i Ferrer (1931-1934) Jaume Rius i Rovira (1934-1936) Martí Planas i Ferrer (1936-1939) Josep Company i Torras (1939-1939) Ismael García i Romeu (1939-1940) Walter Max i Roestel (1940-1942) Andreu Carbonell i Silles (1942-1943) Cristòfol Torres i Garcés (1943-1953) Joan Forcadell i Prats (1953-1958) Josep Vaqué i Soriano (1958-1961) Joaquim Miquel i Rovira (1961-1965) Bonaventura Castellvell i Nabonne (1965-1971) Antoni Massagué i Rodríguez (1971-1984) Josep Vallès i Saura (1984-1991) Josep Lluís Pérez i Pitarch (1991-1995) Paulino Martín i Sediles (1995-2004) Maurici Costa i Ventura (2004-hoxe)

Ligazóns externas Web oficial do club Web oficial da Federació Catalana de Natació Web oficial da Federación Española de Natación

Mediterrani Categoría:Natación Categoría:Deporte en Barcelona