Francisco Blanco, nado no Tameirón (A Gudiña) o 18 de setembro de 1570 e finado en Nagasaki o 5 de febreiro de 1597, foi un relixioso católico galego.

Traxectoria Estudou no colexio dos xesuítas en Monterrei e máis tarde iniciou os estudos de Dereito na Universidade de Salamanca. Ingresou na orde franciscana en Villalpando, e estudou Filosofía no convento de Santo Antón de Salamanca. Doente, pasou un tempo no convento de San Francisco de Pontevedra e cara a 1592 marchou a Sevilla xunto con outros vinte e oito franciscanos galegos coa idea de embarcarse cara a América como misioneiro.

Foi ordenado sacerdote en México, e despois estivo en Manila (Filipinas). Finalmente, decidiu predicar o cristianismo no Xapón, país especialmente hostil cos misioneiros. Foi martirizado cruelmente naquel país: no monte Tetayama foi crucificado e atravesado de parte a parte por dúas lanzas. Con el foron executados dezaseis terciarios, seis franciscanos e dous xesuítas. Veneración A Igrexa católica, concretamente o Papa Pío IX, canonizouno o 8 de xuño de 1862.

Na súa parroquia natal do Tameirón consérvase unha reliquia, un óso dun dedo maimiño. O seu cranio consérvase en Outarelo (O Barco de Valdeorras).

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

(1999): Vilanova, Outarelo y San Francisco Blanco. Monografía histórica de una parroquia gallega. O Barco de Valdeorras. ISBN 84-930834-2-9

Categoría:Santos de Galicia Categoría:Nados na Gudiña Categoría:Franciscanos de España Categoría:Nados en 1570 Categoría:Finados en 1597 Categoría:Mártires Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Misioneiros