Extremoduro é un grupo estremeño de rock procedente de Plasencia e formado no ano 1987. A banda está liderada por Roberto Iniesta, tamén coñecido como "Robe".
Membros *Roberto IniestaVoz e guitarra*Iñaki "Uoho" AntónGuitarra*Miguel ColinoBaixo*José Ignacio CanteraBatería
Historia Fórmase como grupo de rock en Plasencia, (Estremadura), no verán de 1987 por Roberto Iniesta (tamén coñecido como "Robe" ou "O Rei de Estremadura"), cun estilo musical que foi denominado por eles mesmos como "rock transgresivo", sendo influencia de moitos outros grupos actuais como Marea ou Poncho K.Entrevista a Poncho K : "No primeiro disco, tiña a influencia de Extremoduro a saco"Entrevista a Kutxi Romero, de Marea "Dame catro mil extremoduros e quítame xigantes ianquis de pés de barro, que me dá a risa." Ademais, tamén foi unha forte influencia para outros grupos non rockeiros, como Melendi, en cuxo disco Mientras no cueste trabajo lles adediou a canción "Arriba Extremoduro", Estopa ou La Cabra Mecánica.Entrevista a Lichis, de La Cabra Mecánica"Podes escoitar a Robe en practicamente tódolos grupos españois e todos estamos condenados a loitar por parecérmonos cada vez menos e a ser máis persoais. Creo que foi unha influencia enorme para toda unha xeración".
Tras amargos xogueteos coas drogas os antigos compoñentes do grupo estremeño abandonan o grupo, e Robe, que xa non vivía habitualmente na súa Plasencia natal, avecíñase no País Vasco e forma un estable tándem con Iñaki "Uoho" Antón (guitarrista de Platero y tú), Miguel Colino e José Ignacio Cantera.
O contido das súas letras levou no seu día ao concello de Plasencia a veta-los seus concertos en dita localidade.
Até a publicación de Agíla (1996), pasou desapercebido para os grandes medios de comunicación. Cancións coma "Amor castúo", "Jesucristo García", "Extremaydura", "So payaso", "Golfa", "Salir", "La vereda de la puerta de atrás" ou "Puta" son algunhas das máis coñecidas do grupo, que alcanzou o seu maior grao de popularidade co álbum Agila, co que obtiveron ademais o premio ao mellor vídeo musical por "So payaso" na I edición dos Premios da Música en 1996.
No 2001, Extrechinato y tú (proxecto formado por Robe, Uoho, Fito Cabrales e Manolo Chinato; e a colaboración de membros tanto de Extremoduro coma de Platero y tú e Fito & Fitipaldis) saca o disco Poesía básica, un proxecto que tiñan en mente desde 1996. No mes de outubro de 2007 anunciaron a súa futura xira en 2008, que finalmente comezou o día 17 de maio en Santander, acabando así con algúns rumores que dicían que a banda podería separarse sen dar unha derradeira xira, tras varios anos de inactividade. Coincidindo coa nova xira, durante o mes de maio de 2008 espérase se poña á venda La ley innata, o seu novo disco. Como en Pedrá, componse dun só tema; pero a diferenza daquel, La ley innata divídese en varias pistas para facilita-la súa escoita.
Letras
Roberto Iniesta nalgunha das súas declaracións defínese como poeta, e de feito, coa excepción da canción "Me estoy quitando" (versión do grupo Tabletom) e de certos dúos letrísticos, como "La carrera" (con Zosi) ou "Correcaminos estate al loro" (con Ramone, debuxante de moitas das súas portadas); as letras son escritas por el mesmo. Nalgúns casos conteñen ou son adaptacións de versos ou poemas de autores clásicos como Antonio Machado, Miguel Hernández, Pablo Neruda ou Federico García Lorca (un dos éxitos do grupo, "Puta", contén unha estrofa de Los encuentros de un caracol aventurero deste último), así como doutros máis modernos como Román Romero Ruiz, Kiko Luna Creciente, Marcos Ana, Sor Kampana ou Manolillo Chinato, grande amigo da banda e o contorno. De feito, a filosofía do proxecto Extrechinato y tú xira en torno ao propio Chinato nun intento de promover os seus poemas e a poesía en xeral. Tamén cita ao poeta Marcos Ana (extraídas do libro "Las soledades del muro") nunha versión moi íntima da canción "Te juzgarán solo por tus errores (yo no)" no disco Rock transgresivo.
As letras de Extremoduro tratan principalmente sobre sexo, drogas e amor, e a diferenza doutros grupos de rock duro do país, carecen practicamente de referencias políticas nas letras. Nalgunha canción critícase ás figuras do funcionario de prisións ou á policía.
Discografía Álbums de estudio Rock transgresivo (1989) Somos unos animales (1991) Deltoya (1992) ¿Dónde están mis amigos? (1993) Pedrá (1995) Agíla (1996) Canciones prohibidas (1998) Yo, minoría absoluta (2002) La ley innata (2008) Material defectuoso (2011) Para todos los públicos (2013)
Álbums en directo Iros todos a tomar por culo (1997)
Recompilatorios Grandes éxitos y fracasos (Episodio primero) (2004) Grandes éxitos y fracasos (Episodio segundo) (2004) Canciones sin voz (2004)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Platero y tú Extrechinato y tú Manolo Chinato La Inconsciencia de Uoho
Ligazóns externas Web oficial de Extremoduro .
Categoría:Grupos musicais de Estremadura Categoría:Grupos musicais de rock Categoría:Grupos musicais formados en 1987